​O SERVIZO DE MEDICINA INTENSIVA DA ÁREA SANITARIA DE SANTIAGO ORGANIZA ACTIVIDADES FORMATIVAS E INFORMATIVAS DE MASAXE CARDÍACA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
18 10 2023

  

Santiago, 18  de outubro de 2023.- Profesionais da Unidade de Coidados Intensivos da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza organizaron ao longo da mañá actividades formativas e informativas sobre a importancia da masaxe cardíaca dirixidas á poboación xeral. Sumáronse así á celebración do Día Europeo de Concienciación ante o Paro Cardíaco que se conmemorou o pasado día 16. Máis de 100 interesados puideron aprender, sobre 8 bonecos simuladores, técnicas de resucitación cardiopulmonar (RCP) unha masaxe que axuda a salvar vidas.

 

En España prodúcense 25.000 paradas cardíacas anuais fora da contorna hospitalaria. En Europa medio millón, é dicir a nivel europeo ten lugar unha parada por minuto. “Destas paradas cardiorrespiratorias que se producen no noso país, un 50% son atendidas por testemuñas e delas en só un 30% se emprega un desfibrilador”, segundo destaca Pedro Rascado, xefe de Servizo da UCI compostelá.

 

Por outra banda, nos últimos anos demostrouse que o uso de técnicas de reanimación cardiopulmonar de calidade nos primeiros 4 minutos e o emprego precoz de desfibrilador, nos 10 primeiros minutos, aumenta 3 veces a supervivencia dos individuos que a sofren. Pero soamente un 35% ao 45% das testemuñas inicia a reanimación.

 

“Formar á poboación en reanimación cardiopulmonar é unha recomendación da Comisión Europea e unha necesidade social”, destaca a xerente da área sanitaria, Eloína Núñez, quen visitou a actividade que tivo lugar no hall

A maioría das paradas cardíacas prodúcense na vía pública, no lugar de traballo e sobre todo no domicilio, polo que os primeiros realizadores van ser familiares e testemuñas. “De aí a importancia que ten que se difunda unha formación que sexa homoxénea e de calidade, para que sexa xeneralizada, empezando desde centros educativos”, destaca o responsable da UCI compostelá.

 

 

Por outra banda, tamén é fundamental a formación continuada en RCP no persoal sanitario, de xeito que o servizo de Medicina Intensiva organiza talleres de “reciclaxe” para persoal facultativo e de enfermería de todos os hospitais da área sanitaria. No último ano actualizaron a súa formación en RCP con diferentes cursos, incluíndo simulación in situ e simulación de alta fidelidade, preto de 150 traballadores cunhas 200 horas de formación impartida polo servizo

 

Lembrar por último os pasos para realizar unha correcta reanimación cardiopulmonar:

 

1. COMPROBA: Confirma que é seguro achegarche. Comproba se a vítima responde. Inclina a cabeza cara atrás, eleva o queixo e comproba a respiración. Se non respira ou non o fai con normalidade, é necesario facer RCP avisando aos servizo sanitarios de forma precoz, iniciando de inmediato as compresións cardíacas a unha velocidade entre 100 e 120 compresións por minuto , cunha profundidade non menor de 5 e non pasar de 6 cm. O propio servizo de emerxencia de forma telefónica van guiar de como realizar as manobras e de se temos próximo un desfibrilador público.

 

2. CHAMA: Chama ao 112 e segue as súas instrucións. Se hai alguén que poida axudarche, pídelle que chame ao 112, e pide que traia un DEA As compresións torácicas son o máis importante para a supervivencia. Non atrases nin interrompas as compresións torácicas.

 

 3. COMPRIME Coloca ambas as mans sobre o centro do peito. Comprime o peito entre 5 e 6 cm, 100-120 veces por minuto ao ritmo do “Stayin ́Alive” Se sabes como facelo, administra 2 ventilacións de rescate cada 30 compresións, se non comprime o peito de forma continua Comprime forte e rápido Non te preocupes, non podes facerlle dano Cando chegue o DEA, acéndeo inmediatamente e segue as instrucións Cando chegue o Servizo de Emerxencias, continua ata que che digan que pares.

 

 

 

Saúdos,

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud