A AXENCIA GALEGA DE COÑECEMENTO EN SAÚDE ORGANIZA A REUNIÓN DE LANZAMENTO DO PROXECTO TRANSFIRESAÚDE
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
12 11 2023

Esta semana tivo lugar, nas dependencias da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS), a primeira reunión do Comité de Seguimento do proxecto TRANSFIRESAÚDE, de forma presencial e telemática. O proxecto, concedido a ACIS polo Comité de xestión do Programa de Cooperación Interreg (POCTEP), está composto por diferentes entidades que representan á Eurorrexión de Galicia – Norte de Portugal. 

O comité de seguimento estivo conformado polas seguintes institucións:

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS)- coordinador do proxecto; Universidade de Vigo; Centro de Investigación en Tecnoloxías de Innovación (CITIUS); Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín; i3S-Instituto de Investigação e Inovação em Saúde da Universidade do Porto; Centro Clínico Académico-Braga, Associação (2CA-Braga); ACMP5 - Associação Centro de Medicina P5;    INESC TEC - Instituto de Engenharia de Sistemas e Computadores, Tecnologia e Ciência.

ACIS e os socios asistentes iniciaron unha primeira toma de contacto, analizando principalmente as condicións normativas, contractuais e orzamentarias do proxecto, xunto coa análise das actividades e prazos de execución previstos que corresponden a cada un dos participantes.

Desta forma, fixáronse as principais liñas de actuación a seguir, ademais de aproximar datas para as seguintes reunións de seguimento co obxectivo de impulsar e reforzar a innovación no eido da intelixencia artificial para abordar o envellecemento activo e saudable, en especial, en materia da atención primaria para a Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal. 

O proxecto impulsará a integración do ecosistema de I+i en saúde eurorrexional para a adopción de solucións avanzadas no marco do envellecemento activo e saudable.  

Este novo paradigma aproveitará o potencial da cooperación para acadar o ecosistema de innovación, científico e tecnolóxico, potenciando a creación de redes de cooperación territorial.

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud