PALEXCO ACOLLE DENDE HOXE AOS MÁS DESTACADOS ESPECIALISTAS EN TRANSPLANTE HEPÁTICO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
15 11 2023

Palexco reunirá entre hoxe día 15 e o vindeiro dia 17 de novembro aos mais importantes especialistas en transplante hepático do noso pais con motivo da celebración do 29 Congreso da Sociedade Española de Transplante Hepático (SETH).

Esta reunión servirá para compartir coñecementos, participar en discusións enriquecedoras ademáis de establecer valiosas conexións no campo sanitario.

O noso país lidera a nivel mundial a taxa de doantes por millón de poboación, e só por detrás de EEUU en número de transplantes hepáticos realizados por millón de habitantes. En España, ao longo do pasado ano realizáronse máis de 1.100 transplantes de fígado

O CHUAC realizou o seu primeiro transplante hepático en maio de 1994, e ata o momento leva realizados 1.450, dos que 47 corresponden ao ano en curso.

Un dos temas mais destacados que se abordará ao longo dos 3 días que dura a reunión será as ventaxes que incorpora a máquina de perfusión que imita a función que realiza o corpo humano e recrea as condicións ideais para que un fígado sobreviva fora do organismo. 

Ata agora, o fígado, unha vez extraído do corpo do doante, podía almacenarse de forma segura durante unhas poucas horas (tempo de isquemia fría).

Con esta nova tecnoloxía de perfusión, os fígados sans, e incluso os dubidosos en canto á súa validez, agora poden manterse en mellores condicións evitando os danos que poden producir dende que o órgano é extraído do doante ata que se implanta no receptor.

Este importante avance no tratamento e mantemento do órgano extraído permite aumentar a cantidade de órganos dispoñibles para o transplante, ademais de optimizar os órganos que polas súas características chegarían en peores condicións, podendo afectar de xeito negativo ao resultado final. Os fígados de características dubidosas de doante cadáver, pódense optimizar nesta máquina para que diminúan os danos producidos pola preservación, polo que chegarán en mellores condicións ao transplante. Este dispositivo de nova incorporación fai circular polo interior do órgano unha solución de preservación oxixenada para que as células sufran o menos posible durante o tempo que, o fígado neste caso, permaneza fora do organismo.

Coa incorporación desta máquina de perfusión hepática o CHUAC consegue manter a excelencia dos programas de doazón e transplante de órganos, ademais de situarse como un dos centros con maior actividade transplantadora a nivel nacional.  

Andaina promoción donación

Paralelamente á actividade científica, e como acto divulgativo para a promoción da donación de órganos e ao mesmo tempo de recoñecemento tanto aos profesionais involucrados no transplante como aos propios pacientes transplantados, os participantes nesta reunión participarán nunha andaina que percorrerá a zoa peatonal saíndo de Palexco e continuando pola Solana, Castelo de San Antón, Dique de abrigo, e regresando polo mesmo percorrido ata a sede da reunión.
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud