​MÁIS DE 400 EXPERTOS INTERNACIONAIS EN INFECCIÓNS E VACINAS REÚNENSE NA 11ª EDICIÓN DO TALLER DE INFECTOLOXÍA, TIPICO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
16 11 2023
 

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2023.- Os principais expertos mundiais están a debater desde esta mañá os últimos datos sobre investigación en vacinas e enfermidades infecciosas no marco do Taller Interactivo en Infectoloxía que desde hai xa 11 anos coordina Federico Martinón, xefe de servizo de Pediatría e da Unidade de Investigación en vacinas (GENVIP) do IDIS.

 

As xornadas celébranse na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela hoxe e mañá, e será inaugurado esta tarde polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, a xerente da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Eloína Núñez, e a vicerreitora de Política científica, Pilar Bermejo.

 

Así, ante os preto de 400 especialistas asistentes, estes días falarán dos seus traballos prestixiosos investigadores como Louis Bont, pediatra da Universidade de Utrecht e Octavio Ramilo, da Universidade de St Jude en Estados Unidos, que presentarán os últimos resultados na loita fronte ao virus respiratorio sincitial (VRS), principal causante de enfermidade respiratoria en nenos, e falaranos da situación da tan esperada vacina fronte a este patóxeno actualmente en desenvolvemento.

 

Debby Bogaert, da Universidade de Edinburgo, desvelará o papel do microbioma nas vacinas, como líder neste campo de investigación.

 

Ron Dagan, da Universidade de Ben-Gurion (Israel) e considerado o maior experto mundial en neumococo falaranos das novas vacinas conxugadas chamadas a ampliar a protección fronte á enfermidade neumocócica.

 

Shamez Ladhani, de Saúde Publica do Reino Unido, contará os últimos avances en inmunización bacteriana e realizará un análise critico das evidencias sobre vacinación COVID.

 

Mihai Netea, da Universidade de Rabdoud, explicará as bases moleculares dos beneficios ampliados das vacinas convencionais a través das súas propiedades heterólogas.

 

Sir Andrew Pollard, pediatra e investigador da Universidade de Oxford, compartirá os últimos datos sobre a loita contra a febre tifoidea, enfermidade bacteriana intestinal causa de alta mortalidade en países en desenvolvemento, e a súa prevención mediante a vacinación.

 

Sidartha Datta, responsable do programa de Vacinas e Enfermidades inmunoprevenibles da Organización Mundial da Saúde (OMS) abordará, nunha conferencia especial, o controvertido asunto da equidade en vacinación no contexto Europeo.

 

Albert Osterhaus, virólogo da Universidade Erasmus de Roterdam, e descubridor dunha decena de virus, falará dos últimos retos e avances en gripe A.

 

Alicia Solorzano e Rolando Pajón, informarán das posibilidades de futuro que as plataformas de ARNm teñen en vacinación, como expertos neste tema e directivos do programa de desenvolvemento de vacinas de ARNm para Pfizer e Moderna, respectivamente.

 

Finalmente, Rino Rappuoli, director do Instituto de preparación pandémica de Italia, e descubridor da vacinoloxía reversa que deu lugar á vacina de meningococo, compartirá os requisitos de preparación necesarios para a próxima pandemia.

 

Sobre GENVIP

O grupo de investigación traslacional de Xenética, Vacinas, Infeccións e Pediatría (GENVIP- www.genvip.eu) nace no ano 2008 co desafío de avanzar no coñecemento das causas e bases xenéticas das infeccións pediátricas, facilitando o desenvolvemento de novas abordaxes diagnósticos e terapéuticos, vacinas e estratexias personalizadas de prevención.

 

Á cabeza de GENVIP atópanse Federico Martinón Torres, pediatra con gran experiencia clínica e científica no campo das enfermidades infecciosas e a investigación traslacional, Académico de número da Real Academia de Medicina de Galicia e Catedrático de Universidade, que xunto con Antonio Salas Ellacuriaga, catedrático da Facultade de Medicina e xenetista de recoñecido prestixio internacional, achegan ao grupo un factor impacto acumulado superior a 6000 (JCR 2022). GENVIP conta con equipo novo e multidisciplinar integrado por pediatras, xenetistas, inmunólogos, bioinformáticos, matemáticos, farmacéuticos, e persoal de enfermería de investigación

 

 

Saúdos do Gabinete de Comunicación e Imaxe

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud