O Día Europeo para o Uso Prudente dos Antibióticos é unha iniciativa
europea de saúde pública anual que se celebra mañá dia 18 de novembro; o seu
obxectivo é sensibilizar sobre a ameaza que a resistencia aos antibióticos
supón para a saúde pública e fomentar o uso prudente dos mesmos.
Por este motivo, o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña non é
alleo a esta problemática e participa activamente en distintos programas
orientados a lograr este obxectivo, destacando a actividade investigadora que o
servizo de Microbioloxía, que dirixe o Dr. Germán Bou Arévalo, realiza en
materia de resistencia aos antibióticos.
Más de 25 investigadores adscritos traballan diariamente nesta temática a
través de financiamento público-privado, preténdese coñecer os mecanismos polos
que os antibióticos deixan de ser efectivos, e cales son os mecanismos
microbianos subxacentes. De igual maneira buscar alternativas terapéuticas
eficaces para loitar contra estas superbacterias. Destacar a pertenza ao CIBER
de Enfermidades Infecciosas, único hospital galego pertencente a esta Rede, e
en concreto ao programa de Resistencia a Antibióticos que potencia sen dúbida a
investigación neste campo. Dos proxectos de investigación relacionados con este
tema, mencionar dous deles.
O proxecto Innovamicrolab, dotado con 5,7 millóns de euros, ten entre un
dos seus principais obxectivos a aplicación de técnicas metagénomicas para o
rápido diagnóstico de microorganismos resistentes ou multirresistentes, e está financiado
con fondos FEDER e cofinanciado pola Xunta de Galicia.
O segundo é o proxecto Gralenia dotado con 1 M de euros, que pretende
aplicar a intelixencia artificial para a detección precoz de pacientes con
risco de sufrir unha infección por unha bacteria resistente e que se está
desenvolvendo no CHUAC (Servizos de Microbiología, Informática, Farmacia,
Infecciosas) en colaboración coa empresa galega Bahia Software. Esta empresa
coordina o desenvolvemento informático e de algoritmia xunto cos grupos de
investigación LyS (Universidade da Coruña) e MedAIlab (Universidade de Murcia)
especializados en Procesamento de Linguaxe Natural e Intelixencia Artificial
respectivamente.
O proxecto é desenvolvido grazas á concesión dunha axuda destinada a
proxectos de investigación e desenvolvemento en intelixencia artificial
convocada pola entidade Red.es e con fondos NextgenerationEU.
Son todas elas iniciativas que pretenden mellorar a
saúde da poboación adiantando diagnósticos e permitindo un mellor manexo das
infeccións causadas por estas superbacterias nos pacientes afectados.