A XUNTA INVISTE MÁIS DE 600.000 EUROS NO NOVO SERVIZO DE HOSPITALIZACIÓN A DOMICILIO DO ÁLVARO CUNQUEIRO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
22 11 2023

A Xunta de Galicia anunciou hoxe a licitación da obra para dotar de novas dependencias ao servizo de Hospitalización a somicilio (HADO) do Hospital Álvaro Cunqueiro, por un importe de 637.536 euros. 

A pandemia obrigou a diferenciar circuítos Covid/Non Covid, moi especialmente nos servizos de urxencias, e para isto foi necesario expandir o servizo de urxencias, ocupando espazos contiguos asignados a HADO. En consecuencia, de xeito provisional, HADO tivo que ser reubicado na zona de Docencia. 

Con este proxecto, Hospitalización a Domicilio disporá dun espazo definitivo e ben dimensionado, deseñado para asumir o crecemento de persoal previsto no Plan Autonómico de HADO, que prevé dotalo cun equipo máis, integrado por un facultativo e profesional de enfermaría.

No momento actual, o servizo conta con 15 efectivos –6 médicos/as e 8 enfermeiras/os e 1 administrativo- que dan cobertura domiciliaria a toda a poboación de todos os concellos da Área Sanitaria de Vigo. 

HADO presta asistencia a pacientes que, polas súas doenzas ou características, necesitarían ingreso hospitalario pero prefiren permanecer no seu domicilio onde os profesionais sanitarios subministran os mesmos coidados e atencións que nun ingreso hospitalario convencional. 

Trátanse pacientes con diversas patoloxías, non só oncolóxicas, incluídos enfermos con necesidades paliativas. O pasado ano, os profesionais de HADO da área de Vigo atenderon a 866 pacientes nas súas casas.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud