O CHUAC ACOLLERÁ POR TERCEIRA VEZ O SYMPOSIUM SOBRE ENFERMIDADES RESPIRATORIAS MINORITARIAS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
22 11 2023

Mañá xoves, día 23 de novembro, a partir das 12:45 horas, o salón de actos do CHUAC acolle o III SYMPOSIUM SOBRE ENFERMIDADES RESPIRATORIAS MINORITARIAS, que organiza a Área Sanitaria da Coruña e Cee en colaboración coa Fundación Profesor Nóvoa Santos.

Con este Symposium, que por terceira vez que se organiza na nosa comunidade autónoma, preténdese poñer en valor a aportación do CHUAC neste tipo de patoloxías, así como dar a coñecer o gran número de enfermidades minoritarias relacionadas co aparato respiratorio e a sólida estrutura de profesionais que existe en Galicia para abordalas de xeito correcto.

Unha das principais características desta reunión é que so existe unha iniciativa nacional parecida na que nun único congreso se debaten as distintas enfermidades raras respiratorias, sendo o habitual as reunións para tratar en xeral as patoloxías neumolóxicas. A outra característica salientable é a participación multidisciplinar de neumólogos e farmacéuticos, ademais de xestores sanitarios.

Neste symposium participan recoñecidos poñentes e destacados especialistas a nivel autonómico, cunha dilatada experiencia clínica e investigadora neste tipo de enfermidades. Entre eles, a Dra. Isabel Otero, médico adxunto do servizo de neumoloxía do CHUAC que falará sobre a hipertensión arterial pulmonar ou Pedro J. Marcos, director asistencial da Área Sanitaria da Coruña e Cee, que presentará unha ponencia sobre a intelixencia artificial e as enfermidades respiratorias.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud