COMESAÑA PARTICIPA NUNHA XORNADA ORGANIZADA POLA SOCIEDADE ESPAÑOLA DE DIRECTIVOS DA SAÚDE PARA ABORDAR O PRESENTE E O FUTURO DA SANIDADE
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
23 11 2023

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, interveu hoxe nunha mesa na que se abordou o presente e o futuro da sanidade nas comunidades autónomas, no marco dunha reunión organizada polas agrupacións territoriais de Galicia, Asturias-Cantabria e País Vasco, da Sociedade española de directivos da saúde (SEDISA). O encontro, que ten lugar hoxe e mañá no Hotel Monumento San Francisco da capital de Galicia, foi inaugurado polo titular da carteira sanitaria do Executivo galego. 

Logo do acto inaugural, ao que tamén asistiu a presidenta de SEDISA Galicia, Eloína Núñez, tivo lugar a mesa coloquio na que participaron o conselleiro de Sanidade galego; a conselleira de Sanidade do País Vasco, Gotzone Sagardui Goikoetxea; e o director xeral de Planificación, Ordenación, Xestión do Coñecemento e Saúde Dixital de Cantabria, Óscar Fernández Torre.

Nesta mesa, o titular da carteira sanitaria do Executivo galego puxo en valor o traballo dos servizos de saúde do conxunto do Estado á hora de afrontar os problemas comúns que están a ter, como é a falta de médicos especialistas, principalmente de medicina familiar e comunitaria. 

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud