Santiago, 24 de novembro de 2023- O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña,
xunto á xerente da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza, Eloína Núñez Masid e
a presidenta da Fundación Andrea, Charo Barca, visitaron as Consultas Externas
do Hospital Clínico, onde observaron de primeira
man o labor realizado por esta Fundación na decoración da planta de Pediatría.
Estiveron acompañados, entre outros, por Federico Martinón, xefe do Servizo de Pediatría,
Luz Couce, xefa do Servizo de Neonatoloxía, María José Menor, subdirectora de
Humanización e Calidade e Regina Martín de Vidales, subdirectora de Enfermería
da área.
Esta iniciativa da
Fundación Andrea ten como obxectivo principal humanizar os espazos de atención
pediátrica, creando unha contorna acolledora e amigable para os nenos/as e as
súas familias. A decoración inclúe elementos de vinilo nos corredores,
rotulación de portas, cristaleiras e chans, así como elementos móbiles no
teito. A temática escollida é o fomento de hábitos saudables
e xogos ao aire libre
Ademais, instalouse un
chan técnico para a creación dun parque e dotouse de mobiliario infantil tanto
ao parque como ás zonas comúns das salas de espera e consultas. Tamén se
asegurou a reposición permanente de material lúdico nos espazos comúns. Levouse a cabo unha actuación no interior das
dúas consultas de Neonatos mediante o vinilado de teitos e paredes.
A visita do
conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, é unha mostra do recoñecemento
e apoio a esta iniciativa de humanización dos espazos de atención pediátrica,
que contribúe a mellorar a experiencia dos nenos e as súas familias durante a
súa estancia no hospital.
A xerente da área,
Eloína Núñez manifestou estar “moi satisfeita co labor realizado pola Fundación
Andrea. Esta iniciativa é fundamental para crear un entorno acolledor para os
nosos pequenos pacientes e as súas familias. Queremos agradecerlle á Fundación
Andrea o seu compromiso e dedicación en mellorar a experiencia dos niños
durante a súas visitas ao hospital. Estamos seguros de que esta iniciativa terá
un impacto positivo no benestar de nosos pacientes pediátricos."