O SERGAS RENOVA A ROUPA DE CAMA E DE PACIENTES DOS CENTROS SANITARIOS POR PRETO DE 2,5 MILLÓNS DE EUROS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
30 11 2023
 

O Consello da Xunta autorizou este xoves o subministro sucesivo e por prezo unitario de roupa de cama e de doentes para os centros dependentes das áreas sanitarias do Sergas cun investimento de 2.436.603 euros en dous anos.

Co contrato centralizado que sairá a licitación, o Servizo Galego de Saúde poderá dotar ás sete áreas de lencería que, desde o punto de vista epidemiolóxico, cumpra coa necesidade de propiciar unha boa hixiene para contribuír á saúde e evitar a transmisión de enfermidades. No caso de pixamas e camisóns de pacientes, que deben reunir determinadas características que os fagan operativos á hora de que o persoal sanitario poda aplicar técnicas diagnósticas e terapéuticas como a saída de drenaxes ou catéteres. O prezo unitario do Sergas en 2023 dun pixama de adulto é de 2,73 euros a chaqueta e 2,42 euros o pantalón. No caso dos camisóns, o custe é de 2,79 no caso de ser abotoado e 2,67 euros, con cintas.

O novo contrato prevé un incremento global de 154.718 euros con respecto ao gasto anterior. Este aumento está motivado pola obriga da empresa adxudicataria de tratamento dos produtos subministrados, segundo a Lei 7/2022, de 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular, e pola modificación das prescricións técnicas das mantas do Servizo Galego de Saúde. Así, as mantas pasarán de ter unha composición de algodón e poliéster a ser de microfibra polas súas especiais condicións de lixeireza, funcionalidade e facilidade de limpeza. O prezo dunha manta de berce é de 7,95 euros e dunha cama de adulto, de 14,95 euros.

Unha vez valoradas as ofertas e adxudicado o contrato, estímase que se inicie o 1 de abril de 2024 para os próximos dous anos, con posibilidade de ata tres anos de prórrogas.

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud