O SERVIZO DE REUMATOLOXÍA DO CHUAC E A FUNDACIÓN PROFESOR NÓVOA SANTOS PREMIADOS POR UN PROXECTO DE REALIDADE VIRTUAL
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
07 12 2023

O uso de simuladores tecnolóxicos para a artrocentese (extracción de líquido sinovial do espazo articular con fins diagnósticos ou terapéuticos) ofrece unha forma efectiva e segura de aprender e mellorar as habilidades necesarias para levar a cabo este procedemento médico, o que en última instancia mellora a calidade de atención para os pacientes.

O proxecto “Manexo clínico dunha persoa con monoartrite: entorno con realidade virtual inmersiva”, foi galardoado na III edición dos Premios Ennova Health 2023 na categoría de Telesalud y e-learnig, e desenvolto no Servizo de Reumatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e na Fundación Profesor Nóvoa Santos.

Nel participaron ademais, os hospitais Universitario de Salamanca, Universitario Dr. Balmis de Alicante e o departamento de anatomía humana da Facultade de medicina da Universidade de Salamanca, co desenvolvemento tecnolóxico de ARSOFT do Parque Científico Universidade de Salamanca.

Neste proxecto preséntase un simulador interactivo mediante realidade virtual inmersiva, na que o participante vive a experiencia de practicar o manexo clínico e a toma de decisións ante un “paciente” que presenta unha monoartrite nunha consulta médica.

A adopción de simuladores tecnolóxicos demostra un enfoque innovador e actualizado cara á formación médica, ademais de diminuír os custos asociados co uso de materiais médicos e evitando a necesidade da presenza de pacientes reais para prácticas e adestramento.

Unha formación médica de calidade debe responder as necesidades sociais, as cales repercuten no conxunto das contornas educativas nos que a persoa se desenvolve.

As contornas formativas tanto universitarias como as de formación de médicos comezan a introducir modificacións nos sistemas de ensino que leva aos profesionais docentes a asumir novas responsabilidades, baseadas no manexo e utilización de tecnoloxías emerxentes.

A simulación clínica con tecnoloxías xurdiu como unha poderosa ferramenta no campo das ciencias da saúde, revolucionando a forma en que os futuros profesionais se prepáranse para enfrontar os desafíos do mundo real.

Os simuladores tecnolóxicos permiten aos profesionais da saúde practicar e mellorar as súas habilidades en artrocentese o que proporciona unha contorna segura para aprender e perfeccionar a técnica.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud