A XERENCIA DA ÁREA SANITARIA DE SANTIAGO ACOLLEU UNHA NOVA REUNIÓN DO CONSELLO ASESOR DE PACIENTES
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
14 12 2023


 
Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2023.-  A Área Sanitaria de Santiago de Barbanza ven de acoller unha nova reunión do consello asesor de pacientes, un órgano que ten como obxectivo dar voz ás asociacións de pacientes para a súa participación e colaboración na mellora do sistema sanitario, implicándoos en temas de saúde.

Representantes de parte das 32 asociacións de doentes da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza asistiron á xuntanza no Clínico, presidida pola xerente da área sanitaria, Eloína Núñez,  acompañada por Vitoria Carral, directora de Enfermería, María José Menor, subdirectora de Humanización e Atención á Cidadanía, e Ramón Parada, director do distrito da Barbanza, entre outros membros do equipo directivo.

A dirección informou ás asociacións dos temas máis salientables que afectan aos distintos centros da área compostelá, tanto aos hospitais como aos centros de saúde, e especialmente os vinculados coa área de humanización. Así, búscase unha maior participación dos doentes e as súas asociacións na actividade sanitaria, coa súa inclusión en diferentes comités e no deseño de procesos e protocolos.

 

No encontro, a xerente da área, Eloína Núñez, destacou a importancia deste novo impulso que se quere dar á colaboración dos doentes na actividade sanitaria e subliñou que “sodes moi importantes para a nosa organización. Necesitámosvos para seguir avanzando no desenvolvemento do Plan de Humanización, a vosa aportación é esencial neste eido xa que complementades a tarefa do persoal sanitario”.

 

Están previsto pois que se desenvolvan diferentes accións formativas dirixidas ás asociacións de doentes, que serán definidas en base un cuestionario realizado entre os seus compoñentes para que recolla así as súas necesidades formativas e informativas e que xa conta cun calendario para o primeiro semestre de 2024.

 

Tamén se compartiu coas asociacións de diferente ámbito que compoñen o consello asesor de doentes da área sanitaria compostelá diversas experiencias de éxito desenvolvidas en proxectos sectoriais como a Escola de mama ou a Rota de doentes con espectro autista, así coma outros que están se porán en marcha próximamente, como a Escola de familias no servizo de Neonatoloxía ou a Escola de doentes coidadores en Oftalmoloxía, entre outros.

 

Así mesmo, a subdirectora de humanización anunciou a posta en marcha de diferentes comités de humanización para promover, apoiar e participar na toma de decisións co equipo sanitario, entre os que se propoñen os de Xinecoloxía, Oftalmoloxía, Neuroloxía e Neonatoloxía, en primeiro termo.

 

 

 

Saúdos​

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud