​PRETO DE 1.000 DOENTES A SEGUIMENTO NA UNIDADE DE ESCLEROSE MÚLTIPLE COMPOSTELÁ, DE REFERENCIA NACIONAL
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
18 12 2023


Santiago, 18 de decembro de 2023.- Hoxe celebrase o Día Nacional da Esclerose Múltiple e a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Parkinson, ELA e outras enfermidades neurodexenerativas (ACEM) instalou unha mesa informativa no Hospital Clínico de Santiago ata a que se achegaron a xerente da Área Sanitaria, Eloína Núñez, e a subdirectora de Humanización, María José Menor xunto ao xefe do Servizo de Neuroloxía, José María Prieto, que estiveron acompañando uns minutos aos representantes de dita asociación.

A esclerose múltiple é unha enfermidade neurolóxica que lle afecta maioritariamente a mulleres entre os 20 e os 40 anos, pero tamén pode aparecer en nenos, adolescentes e anciáns. Calcúlase que en España padecen esta enfermidade unhas 55.000 persoas e en Galicia temos a prevaleza máis alta de España o que supón que hai preto de 4.000 doentes con esta patoloxía..

Na Unidade de Esclerose Múltiple do Hospital Clínico Universitario de Santiago diagnostícanse cada ano entre 25 e 30 enfermos dos que preto do 30% veñen doutras áreas sanitarias para unha segunda opinión e en moitos casos para tratamento. O pasado ano realizáronse 2.234 consultas e fíxose seguimento periódico a un total de 983 pacientes. Centro de Referencia Nacional (CSUR) no tratamento dos pacientes con EM, foi finalista nos premios nacionais Best in Class (BIC) nos últimos anos.

En xullo deste ano recibiu o CERTIFICADO AVANZADO por parte da Sociedade Española de Calidade Asistencial (SECA) segundo normas que están avaladas pola Sociedade Española de Neuroloxía (SEN), a Sociedade Española de Farmacia Hospitalaria (SEFH), a Sociedade Española de Directores Sanitarios (SEDISA), a Sociedade Española de Enfermería Neurolóxica (SEDENE), a Sociedade Española. de Informática Sanitaria (SEIS), Sociedade Española de Neurorradiología (SENR) e a Asociación de Pacientes de Esclerose Múltiple España (EME).

Contar cun servizo certificado con estes criterios é unha garantía de calidade, xa que esta distinción recoñece o grao de adecuación da actividade aos estándares de calidade asistencial establecidos polas sociedades científicas. Ademais, esta unidade participa na organización de reunións, publicacións e comunicacións en congresos nacionais e internacionais e actualmente forma parte de 9 ensaios clínicos internacionais. Nestes intres, dentro da unidade estanse realizando 2 tese doutorais e 3 proxectos de investigación relacionados coa esclerose múltiple.  Saúdos,​ 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud