​A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE REALIZA UN CHAMAMENTO Á DOAZÓN DE SANGUE DEBIDO A UNHA BAIXADA XENERALIZADA DAS RESERVAS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
27 12 2023

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) fai un chamamento xeneralizado á participación de toda a cidadanía na doazón de sangue e, de forma especial, aos doantes do grupo Cero Negativo. 


A demanda de compoñentes sanguíneos, por causa do incremento da actividade asistencial dos centros hospitalarios, e a coincidencia coas vacacións de Nadal, provocaron unha diminución nas reservas de sangue. Neste sentido, a Axencia fai un chamamento á doazón de todos os grupos sanguíneos, e á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS, xa que os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns diarias para levar a cabo de forma axeitada o seu labor asistencial.

Desprazamentos

Así mesmo, as unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que aseguren o desenvolvemento asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.

ADOS agarda contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nas seguintes visitas:


DATA

CONCELLOS

Martes 26

de decembro

Praza de España (Ferrol), Los Rosales (A Coruña), Coristanco, Negreira, Cabo de Cruz (Boiro), Catoira, O Calvario (Vigo), Ponteareas, Mondoñedo, Leiro, Beade, Pobra de Trives.

Mércores 27

de decembro

Ares, Os mallos (A Coruña), Pastoriza (Arteixo), Melide, Praza Roxa (Santiago), Moraña, As Travesas (Vigo), Ponteareas, Praza Maior (Lugo) Trasmiras, Cualedro.

Xoves 28

de decembro

Ortigueira, Monte Alto (A Coruña), Buño (Malpica), Malpica, Bertamiráns (Ames), A Picota (Mazaricos), Cuntis, Teis (Vigo), Gondomar, Sarria, O Barco de Valdeorras.

Venres 29

de decembro

Fene, Cee, Cantón -Obelisco (A Coruña), Padrón, Trazo, A Estrada, Tui, Cabral (Vigo), Vilalba, Allariz.

Sábado 30

de

decembro

Fene, Cantón -Obelisco (A Coruña), Padrón, A Estrada, Tui, Vilalba.


Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:

CENTRO

HORARIO

HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO

Luns a venres das 8 ás 22 horas

Sábado das 8 ás 15 horas

HOSPITAL UNIVERSITARIO DA CORUÑA

Luns a venres das 8 ás 22 horas

Sábado das 8 ás 15 horas

HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL

Luns das 15 ás 22 horas

Martes, mércores e xoves das 8 ás 15 horas

Venres das 8.00 ás 22.00 horas

HOSPITAL LUCUS AUGUSTI DE LUGO

Luns e venres das 15 ás 22 horas

Martes, mércores e xoves das 8 ás 15 horas

PRAZA PAZ NOVOA Nº 3 DE OURENSE

Luns das 15 ás 22 horas

Martes, mércores e xoves das 8 ás 15 horas

Venres das 15 ás 22. horas

HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Luns e venres de 8 ás 15 horas

Martes, mércores e xoves das 15 ás 22 horas


HOSPITAL NICOLÁS PEÑA DE VIGO

Luns a venres das 8 ás 22 horas

Sábados das 8 ás 15 horas


Doar é moi sinxelo e seguro

Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.

Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles. 


EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud