A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), convida a toda a cidadanía a doar sangue neste primeiro mes do ano, de maneira especial aos doantes 0 Positivo, A Negativo e A positivo, xa que nos últimos días detectouse un aumento das necesidades destes grupos sanguíneos, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á colaboración nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS. Ademais, cómpre lembrar que os centros sanitarios de Galicia precisan entre 400 e 500 doazóns diarias para desenvolver de maneira eficaz o seu labor asistencial.
En moitas das tarefas que se realizan a diario nos hospitais galegos son imprescindibles os compoñentes sanguíneos. En determinadas épocas do ano pode baixar o número de doazóns, pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que precisan os centros sanitarios. Por iso, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de todos os cidadáns.
Así mesmo, as distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento do gran labor asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.
ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nas seguintes visitas:
DATA
|
CONCELLOS
|
Venres
12
de
xaneiro
|
Irixoa,
Arteixo, Obelisco (A Coruña), Ribeira, Noia, Marín, A Guarda,
Goián (Tomiño), C.C. As Termas (Lugo), Xinzo de Limia.
|
Sábado
13
de
xaneiro
|
Arteixo,
Ribeira, Marín, A Guarda.
|
Luns
15
de
xaneiro
|
Autoridade
Portuaria e Praza de España (Ferrol), Edificio Administrativo da
Xunta e Elviña (A Coruña), Corcubión, Polígono do Tambre
(Santiago), Sta. Cruz de Rivadulla (Vedra),
O
Grove, As Travesas e Balaídos (Vigo), Foz, Rúa do Paseo
(Ourense), Maceda.
|
Martes
16
de
xaneiro
|
Policia
Nacional e Praza de España (Ferrol), Colegio Liceo La Paz e Urb.
Matogrande
(A
Coruña), Zas,Sigüeiro (Oroso), I.E.S. Espiñeira (Boiro), Dena
(Meaño), Porriño, Torrecedeira (Vigo), Láncara, A Cañiza.
|
Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:
CENTRO
|
HORARIO
|
HOSPITAL
CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO
|
Luns
a venres
das
8 ás 22 horas
Sábado
das 8 ás 15 horas
|
HOSPITAL
UNIVERSITARIO DA CORUÑA
|
Luns
a venres
das 8 ás 22 horas
Sábado
das 8 ás 15 horas
|
HOSPITAL
ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL
|
Luns
das 15 ás 22 horas
Martes,
mércores e xoves das 8 ás 15 horas
Venres
das 8 ás 22 horas
|
HOSPITAL
LUCUS AUGUSTI DE LUGO
|
Luns
e venres das 15 ás 22 horas
Martes,
mércores e xoves das 8 ás 15 horas
|
PRAZA
PAZ NOVOA Nº 3 DE OURENSE
|
Luns
das 15 ás 22 horas
Martes,
mércores e xoves das 8 ás 15 horas
Venres
das 15 ás 22 horas
|
HOSPITAL
PROVINCIAL DE
PONTEVEDRA
|
Luns
e venres de 8 ás 15 horas
Martes,
mércores e xoves das 15 ás 22 horas
|
HOSPITAL
NICOLÁS PEÑA DE
VIGO
|
Luns
a venres das 8 ás 22 horas
Sábados
das 8 ás 15 horas
|
Doar é moi sinxelo e seguro
Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.
Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.