​AS PROBAS DE ACCESO Á CATEGORÍA DE CELADOR DO SERGAS SUPERAN O 75% DE PARTICIPACIÓN
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
04 02 2024
 


O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitou esta tarde o Recinto Feiral Internacional de Galicia (Silleda), onde tivo lugar a realización dos exames para a categoría de celador do Servizo Galego de Saúde. Neste procedemento, participaron un total de 6.237 persoas, das 8.300 persoas que estaban convocadas (75,14% de participación).

Así, na tarde de hoxe, o Sergas ofertou un total de 306 prazas na categoría de celador, reservando 15 delas para a quenda de discapacidade intelectual. Neste senso, e para facilitar a realización do exame aos 148 aspirantes desta quenda, o Servizo Galego de Saúde habilitou un dos pavillóns do Recinto Feiral, adaptandóo ás posibles necesidades dos opositores.

Tamén na xornada de hoxe domingo -quenda de maña- tiveron lugar os exames das categorías de Enfermería especialista en Saúde Mental, Enfermería pediátrica, Enxeñeiro/a técnico e Odontólogo/a de atención primaria, unhas probas que superaron o 80% de participación.

No conxunto dos exames realizados hoxe domingo, tres opositoras tiveron a posibilidade de realizar as súas probas desde os centros hospitalarios nos que están ingresadas por razóns de maternidade. En concreto, unha delas realizou a proba desde o hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, outra desde o Hospital Lucus Augusti, e por último, unha aspirante desde o Hospital Materno infantil das Palmas de Gran Canarias.

Durante toda esta fin de Semana, un total de 13.500 opositores acudiron ao Recinto Feiral Internacional de Galicia para optar a unha das 779 prazas que o Sergas ofertou nesta fin de semana, e que acadarán a cifra das 913, coa realización dos exames que terán lugar o vindeiro sábado, 10 de febreiro. 

No transcurso da visita, o conselleiro de Sanidade agradeceu o traballo das máis de 400 persoas que colaboraron na organización deste procedemento selectivo, e entre os que se atopa: persoal do Servizo Galego de Saúde, da Consellería de Sanidade, Policía nacional, Local e autonómica, Garda civil, autoestradas, 061, Cruz Vermella, Protección civil e Fundación Semana Verde de Silleda.

Así, e tras desexarlle a mellor das sortes ao conxunto das persoas opositoras, García Comesaña trasladou o seu agradecemento “ao conxunto de colaboradores que fixeron posible a convocatoria dunhas probas que se desenvolveron ddunha forma exitosa e con total normalidade”.

Máis exames do Sergas a vindeira semana

A próxima fin de semana continuará a realización das probas de oposición do Sergas no Recinto Feiral Internacional de Silleda. 

Así, o sábado 10 de febreiro, terán lugar os exames para acceder a 61 prazas de Enfermeiro/a especialista en enfermaría Familia e Comunitaria; 70 de Fisioterapeuta; 1 de Técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información e 2 Técnico/a superior en Hixiene Bucodental. O número total de persoas convocadas para o vindeiro sábado ascende até os 2.138. 

Medidas organizativas no desenvolvemento das probas

De cara a vindeira semana, cómpre lembrar que na organización destes procesos selectivos non se realiza o chamamento dos aspirantes. Así, todos os aspirantes teñen á súa disposición na Oficina Virtual do Profesional (FIDES/ expedient-e), desde a data de publicación da data do exame no Diario Oficial de Galicia, até a acreditación persoal con código QR. 

Á hora de inicio das probas os aspirantes acércanse á porta que teñen asignada co código QR que debe levar impreso e acreditando a súa identidade acceden ao exame. Con esta medida axilízase a entrada ao recinto, evitando aglomeracións innecesarias.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud