​A XUNTA AVANZA NO TRASLADO PROVISIONAL DOS SERVIZOS ADMINISTRATIVOS DO CHUAC AO INSTITUTO FEIRAL DA CORUÑA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
06 02 2024
 

O Diario Oficial de Galicia​ publica na súa edición de hoxe o encargo da Xunta de Galicia á Empresa de Transformación Agraria (TRAGSA), para proceder co acondicionamento das instalacións do Instituto Feiral da Coruña (IFECO), onde se trasladarán, de xeito temporal, os servizos administrativos que até o de agora se emprazan no Hotel de doentes, do Complexo Hospitalario da Coruña.

O Servizo Galego de Saúde consignou unha partida de 1,6 millóns de euros nos  orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, para proceder cuns traballos que tamén conlevará o cambio de ubicación temporal dos postos de traballo de preto de 120 profesionais da Área Sanitaria da Coruña e Cee.

Así, e con motivo da demolición do inmoble que alberga o Hotel de Doentes do CHUAC, o Executivo galego e a Fundación Pública Galega Instituto Feiral da Coruña, asinaron o pasado mes de novembro, un convenio de colaboración no que se define a cesión de espazos físicos por parte de IFECO ao Servizo Galego de Saúde. 

A execución destes traballos terá unha duración máxima de sete meses, posibilitando avanzar coas obras de demolición do Hotel de pacientes, e así continuar coa construción do Novo CHUAC.

Indicar que entre os anos 2023 e o 2026, o Goberno galego destinará unha partida de 432.000 euros para sufragar os custos derivados do emprego destas instalacións por parte o Servizo Galego de Saúde.  

Así, EXPOCoruña reúne as condicións de infraestrutura e capacidade que se precisan para levar a cabo as tarefas propias dos servizos da administración sanitaria e, ademais, de conta cunha localización estratéxica, e próxima ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud