Onte á tarde deu
por rematado o traslado dos pacientes das unidades de coidados intensivos de
politraumatizados e de coidados intermedios que se atopaban no quinto andar, logo dunha
importante planificación que non foi sinxela polo delicado dos pacientes e dos requerimentos
técnicos. Deste xeito complétase un bloque integral de coidados críticos nesta
sexta planta.
Esta nova
unidade de coidados intensivos posta en marcha onte, que conta con 29 postos
individuais, sitúase a continuación da
actual UCI de coronarias, dotada con 15 postos, e utiliza o mesmo esquema
organizativo que esta.
Esta é una
aposta clara por este tipo de espazos a raíz da pandemia, onde se comprobou que
o manexo das enfermidades infecciosas era máis operativo en espazos como este.
Ademais, esta medida encaixa coa Estratexia de Humanización do Sergas, xa que
estes espazos individualizados facilitan o confort de pacientes e familiares.
Os espazos
como o posto en marcha hoxe facilitan as contornas máis humanizadas a todos os
pacientes críticos, sendo un modelo de UCI que existe nos hospitais máis modernos
do noso país.
Investimento de preto de 20 millóns de euros
Coa posta
en marcha deste novo espazo, a Xunta está a pechar unha fase que supuxo en
total un investimento de preto de 20 M€, entre os 13 da obra e os case que sete
de equipamento. Case a metade dese investimento en equipos, uns tres millóns,
foi destinado á UCI para as camas de críticos, respiradores, ecógrafos, equipos
de monitorización, entre outro aparataxe.