​PRETO DE 1.700 FACULTATIVOS CONVOCADOS AOS EXAMES DO SERGAS EN 37 ESPECIALIDADES MÉDICAS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
15 03 2024
 

O Recinto Feiral Internacional de Galicia, en Silleda, acollerá mañá sábado a realización das probas do concurso-oposición do Sergas, nas que un total de 1.698 persoas aspirantes están convocadas para acceder a unha das 163 prazas ofertadas pola Administración galega.

As prazas convocadas polo Servizo Galego de Saúde pertencen a un total de 37 especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área. 

Así, ás 9:30 horas, están convocadas un total de 707 persoas opositoras e, para os exames da quenda de tarde (16:00h), foron admitidas un total de 991 aspirantes.

As categorías con maior número de aspirantes admitidos/as son: facultativo/a especialista en medicina interna (147), seguido de facultativo/a especialista en pediatría e áreas específicas (128) e facultativo/a especialista en anestesioloxía e reanimación (112). 

Protocolo e medidas organizativas das probas

A Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas lembra que para o acceder ao recinto non se realiza o chamamento dos aspirantes no exterior do recinto de realización das probas.

Ademais, a acreditación para o acceso efectuarase a través de código QR, que o/a aspirante poderá obter a través de Fides/expedient-e e que deberá levar impreso o día do exame e conservar ata a finalización das probas. O código QR conterá información da data, hora, lugar, pavillón, porta de acceso e posto do exame que corresponde a cada aspirante, ademais de incluír indicacións xerais a ter contar para o acceso dos/das aspirantes e no desenvolvemento das probas.

Todos/as os/as aspirantes presentados/as ás probas selectivas terán dispoñible, a través de Fides/expedient-e, un certificado de asistencia, a partir do día seguinte ao de realización dos exercicios.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud