​AS PROBAS DA FASE DE OPOSICIÓN DOS FACULTATIVOS ESPECIALISTAS DE ÁREA DO SERGAS ACADAN O 80’3% DE PARTICIPACIÓN NA SÚA QUENDA DE MAÑÁ
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
16 03 2024
 


O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; visitou esta mañá o Recinto Feiral Internacional de Galicia (Silleda), onde hoxe se levan a cabo as probas do concurso-oposición para 37 especialidades médicas do Sergas, e cuxa primeira quenda acadou unha participación do 80’3%.

Neste sentido, das 707 persoas opositoras admitidas nos exames da mañá, acudiron á realización da proba un total de 568 opositores.

A xornada de hoxe estruturouse en dúas quendas, estando convocadas un total de 1.698 persoas, para acceder a unha das 163 prazas ofertadas polo Servizo Galego de Saúde. 

Nesta primeira quenda, as especialidades con maior participación foron Cirurxía Cardiovascular, e Cirurxía Oral e Maxilofacial, acadando o 100% de asistencia. Así mesmo, as especialidades de Uroloxía e de Xeriatría acadaron unha participación 95’4% e do 93’3%, respectivamente.

Cómpre salientar que, durante esta quenda de mañá, dúas aspirantes realizarán  os seus exames desde o Hospital Clínico Universitario de Santiago, e desde o Arquitecto Marcide (Ferrol), ao que atoparse nos últimos días do embarazo.

O Servizo Galego de Saúde adiou a publicación das listaxes definitivas do proceso por concurso de méritos de distintas especialidades -para traballar nos hospitais comarcais e en Saúde mental-, coa finalidade de permitir que as persoas interesadas se puideran presentar as probas de hoxe e así escoller o seu camiño profesional. Esta conxuntura, non sería posible de procederse coa publicación das listaxes, dado que impediría aos aspirantes presentarse aos exames da xornada de hoxe. Así pois, con esta decisión o Sergas ampliou as posibilidades e as opcións das persoas opositoras.

Na quenda desta tarde, e desde as 16:00h, están chamadas a participar nas probas do Servizo Galego de Saúde un total de 991 aspirantes.

Protocolo e medidas organizativas das probas

A Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas lembra que para o acceder ao recinto non se realiza o chamamento dos aspirantes no exterior do recinto de realización das probas.

Ademais, a acreditación para o acceso efectuarase a través de código QR, que o/a aspirante poderá obter a través de Fides/expedient-e e que deberá levar impreso o día do exame e conservar ata a finalización das probas. O código QR conterá información da data, hora, lugar, pavillón, porta de acceso e posto do exame que corresponde a cada aspirante, ademais de incluír indicacións xerais a ter contar para o acceso dos/das aspirantes e no desenvolvemento das probas.

Todos/as os/as aspirantes presentados/as ás probas selectivas terán dispoñible, a través de Fides/expedient-e, un certificado de asistencia, a partir do día seguinte ao de realización dos exercicios.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud