​OS EXAMES DE OPOSICIÓN DOS FACULTATIVOS ESPECIALISTAS DE ÁREA DO SERGAS ACADAN O 81’3% DE PARTICIPACIÓN, NA SÚA QUENDA DE TARDE
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
16 03 2024
 

O Recinto Feiral Internacional de Galicia (Silleda), acolleu no día de hoxe as probas do concurso-oposición do Servizo Galego de Saúde para o acceso a 37 especialidades médicas, e cuxa quenda de tarde acadou unha participación do 81’3%.

Neste sentido, das 991 persoas opositoras admitidas nos exames desta tarde, acudiron á realización da proba un total de 806 opositores.

Así, do total das 1.698 persoas convocadas hoxe –nas quendas de mañá e tarde- para acceder a algunha das 163 prazas ofertadas polo Sergas, participaron nas probas 1.374 opositores (superándose o 80% de participación no conxunto da xornada). 

Nesta segunda quenda do día, unha das aspirantes realizou o seu exame desde o Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, ao atoparse nos últimos día de embarazo. 

Nestas probas vespertinas, a especialidade que contou cunha maior participación foi Cirurxía torácica ao acadar o 100% de asistencia. Así mesmo, as especialidades de Aparello dixestivo e de Medicina Preventiva e Saúde Pública acadaron unha participación do 91’1% e do 90’9%, respectivamente.

O Servizo Galego de Saúde adiou a publicación das listaxes definitivas do proceso por concurso de méritos de distintas especialidades -para traballar nos hospitais comarcais e en Saúde mental-, coa finalidade de permitir que as persoas interesadas se puideran presentar as probas de hoxe, e así escoller o seu camiño profesional. Esta conxuntura, non sería posible de procederse coa publicación das listaxes, dado que impediría aos aspirantes presentarse aos exames da xornada de hoxe. Así pois, con esta decisión o Sergas ampliou as posibilidades e as opcións das persoas opositoras.

Durante a realización dos exercicios, o conselleiro de Sanidade en funcións, Julio García Comesaña; e a directora xeral de Recursos Humanos do Sergas, Ana Comesaña Álvarez; agradeceron o traballo desenvolto polo persoal colaborador do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade; a Policía Nacional, Local e Autonómica; Garda civil, Autoestradas, 061, Cruz Vermella, Protección civil e Fundación Semana Verde de Silleda.

“Un labor encomiable que, unha vez máis, permite que estas probas se leven a cabo con total normalidade e cun nivel organizativo de sobresaínte”, destacou o titular da Sanidade galega.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud