COMESAÑA VISITA O CENTRO DE PROTONTERAPIA DE LOVAINA, CON CARACTERÍSTICAS SIMILARES AO QUE SE ESTÁ A CONSTRUÍR EN GALICIA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
22 03 2024

O conselleiro de Sanidade en funcións, Julio García Comesaña, visitou hoxe o hospital universitario de Lovaina (Bélxica) que conta cun centro de Protonterapia de características similares ao que se está a construír en Galicia, cunha sala de tratamento e outra de investigación. 

Ademais, xunto ao conselleiro, o equipo do proxecto galego formado por arquitectos, físicos, a xerente de Galaria (Empresa pública de servizos sanitarios), Rocío Mosquera, e a empresa adxudicataria do proxecto e a obra coñeceron as instalacións da empresa encargada do ciclotrón que se instalará en Santiago de Compostela, a belga IBA, está a fabricar parte dos compoñentes e fará a montaxe final dos ciclotróns cos que se dotará o centro de Protonterapia de Galicia. 

Durante a visita, a delegación galega puido revisar aspectos do proxecto, especialmente os relativos aos detalles construtivos e de planificación da loxística para o transporte e entrada dos equipos nas instalacións da Xunta, ademais do seu mantemento e de requirimentos para usos de investigación. A reunión centrouse en temas específicos derivados do estado avanzado do proxecto galego, o que está máis avanzado de todos os que se están a desenvolver en España coa Fundación Amancio Ortega, que financia os equipos. O centro de Protonterapia de Galicia xa ten practicamente concluídos os traballos precisos para o comezo da obra, entre eles a apertura do aparcadoiro alternativo e, nos próximos días, dará comezo o movemento de terras na parcela onde se situará.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud