O SERGAS PUBLICA A RELACIÓN PROVISIONAL DAS LISTAS DE SELECCIÓN TEMPORAL DE DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSOAL ESTATUTARIO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
04 04 2024

O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, a relación provisional coa orde de prelación e a puntuación obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de elaboración das listas de selección temporal de diversas categorías: enfermeira especialista en enfermaría de saúde mental, enfermeira especialista en enfermaría do traballo, enfermeira especialista en enfermaría familiar e comunitaria, enfermeira especialista en enfermaría obstétrico-xinecolóxica (matrona), enfermeira especialista en enfermaría pediátrica, médico de familia, médico de urxencias hospitalarias, médico coordinadora do 061, médico asistencial do 061, pediatra de atención primaria e técnica de saúde de atención primaria.

O total de aspirantes admitidos por categorías foron 3.799 persoas, cun total de 3.926 inscricións: 159 en enfermeira especialista en enfermaría de saúde mental, 120 en enfermeira especialista en enfermaría do traballo, 607 en enfermeira especialista en enfermaría familiar e comunitaria, 520 en enfermeira especialista en enfermaría obstétrico-xinecolóxica (matrona), 178 en enfermeira especialista en enfermaría pediátrica, 1.018 en médico de familia, 555 en médico de urxencias hospitalarias, 133 en médico coordinadora do 061, 190 en médico asistencial do 061, 143 en pediatra de atención primaria e 176 en técnico de saúde de atención primaria.

O número de novas inscricións en relación ao pasado ciclo é de 18 en enfermeira especialista en enfermaría de saúde mental, 9 en enfermeira especialista en enfermaría do traballo, 227 en enfermeira especialista en enfermaría familiar e comunitaria, 37 en enfermeira especialista en enfermaría obstétrico-xinecolóxica (matrona), 27 en enfermeira especialista en enfermaría pediátrica, 128 en médico de familia, 72 en médico de urxencias hospitalarias, 10 en médico coordinador do 061, 25 en médico asistencial do 061, 26 en pediatra de atención primaria e 34 en técnico de saúde de atención primaria. Polo tanto, o 15,61 % foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso.

As listas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos. 

As persoas interesadas poderán presentar reclamación ante as xerencias das áreas sanitarias e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade no prazo de dez días hábiles, é dicir, ata o 18 de abril.

Próximas publicacións

Proximamente publicaranse as listas provisionais das seguintes categorías: auxiliar administrativo, persoal de servizos xerais, cociñeiro/a e pinche. 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud