A REDE GALEGA DE PROMOCIÓN DA SAÚDE E QUÉROTE+ COLABORAN PARA ACHEGAR Á SOCIEDADE FERRAMENTAS PARA LEVAR ESTILOS DE VIDA SAUDABLES
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
17 04 2024

A Rede galega de promoción da saúde (REGAPS) e a coordinadora de Quérote+ comezaron a reunirse nos últimos meses nas diversas sedes galegas para establecer iniciativas coas que achegar á sociedade ferramentas para poder levar estilos de vida saudables.

Entre as posibles colaboracións destacan actividades no ámbito do benestar emocional, da prevención de adicións, da saúde sexual ou a incorporación de recursos ao  mapa de activos Atopa Saúde, onde localizar opcións para exercitar a saúde física e mental.

Estes encontros leváronse a cabo entre o persoal da Consellería de Sanidade e de Quérote+ a nivel local para ofrecer solucións á cidadanía da forma máis próxima posible.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud