​GÓMEZ CAAMAÑO DESTACA O LABOR DA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO NA MELLORA DA CALIDADE DE VIDA DOS PACIENTES ONCOLÓXICOS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
28 04 2024
 

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo; recibiron está mañá na praza do Obradoiro aos pacientes oncolóxicos, familiares e voluntarios da Asociación Española contra o Cancro que culminaron na xornada de hoxe a súa peregrinaxe até Compostela.

Durante os últimos fins de semana, pacientes oncolóxicos de toda a provincia da Coruña completaron as cinco últimas etapas do Camiño Inglés, e que separan as cidades de Ferrol e Santiago.

Así, o conselleiro de Sanidade destacou o labor que desenvolve a AECC en todo o territorio nacional, poñendo en valor iniciativas como “Ultreia”, que este ano cumpre a súa segunda edición, e coa que se incide na mellora da calidade de vida dos pacientes oncolóxicos.

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud