A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE E A IRMANDADE DE DOADORES DA CORUÑA PROMOVEN UNHA CAMPAÑA ESPECIAL NO XXVIII DÍA DA CIENCIA NA RÚA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
03 05 2024

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e a Irmandade de Doadores da Coruña organizan este sábado unha nova campaña sobre doazón de sangue que terá lugar o sábado 4 de maio no coruñés Parque de Santa Margarita, dentro das actividades previstas no XXVIII Día da Ciencia na Rúa.

A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias promove unha nova edición desta iniciativa que une ocio con divulgación científica para os máis cativos e que contará coa participación da Irmandade de Doadores de Sangue da Coruña e de ADOS, que disporán dunha carpa informativa no Parque de Santa Margarita. 

Ademais, todas as persoas que desexen doar poderán facelo na unidade móbil de ADOS, situada ao carón do planetario que atenderá aos cidadáns das 10:00 ás 14:30 e das 15:30 ás 20:00 horas. O principal propósito desta iniciativa pasa por tentar sensibilizar á poboación da doazón, especialmente aos máis pequenos, e achegar este acto solidario a todas as persoas que desexen colaborar doando sangue.

Doar é moi sinxelo e seguro

Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.

Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles. 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud