O SERGAS PUBLICA A RELACIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS NO CONCURSO-OPOSICIÓN PARA O INGRESO NA CATEGORÍA DE MÉDICO DE FAMILIA E NOMÉASE O TRIBUNAL CUALIFICADOR
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
06 05 2024

O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, a resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se publica a relación definitiva de admitidos e excluídos, así como os exentos e non exentos do exercicio de lingua galega, no concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico de familia, así como o nomeamento do tribunal cualificador na mencionada categoría.

Ofértanse un total de 271 prazas mediante o sistema de concurso oposición, das cales 126 corresponden á quenda de acceso libre, 132 a promoción interna e 13 a de discapacidade xeral. Estas 271 prazas engádense ás 42 prazas ofertadas no proceso selectivo de estabilización, mediante concurso de méritos, proceso selectivo que xa foi resolto no pasado mes de xaneiro. Neste concurso-oposición resultaron admitidos, con carácter definitivo, 606 profesionais, que optan ás 271 prazas.

O 75% das persoas inscritas neste proceso selectivo son mulleres e preto do 38% dos participantes non están exentos de realizar o exame de lingua galega por non estar en posesión do Celga 4.

As listas coa relación definitiva de admitidos e excluídos e os aspirantes exentos e non exentos do exercicio de lingua galega, atópanse publicadas, á disposición dos usuarios, na web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es). Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo aspirante no seu expediente persoal. 

Notas oposición diversas categorías persoal estatutario

O Diario Oficial de Galicia tamén publica, no día de hoxe, o cadro de respostas dos distintos exercicios e as puntuacións provisionais da fase de oposición dos diferentes procesos selectivos para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario do sistema sanitario público de Galicia, que realizaron o exame no mes de febreiro. 

Presentáronse a estes procesos selectivos un total de 15.329 aspirantes, dos cales superaron a fase de oposición un total de 11.003 profesionais, o que supón un 71,78% sobre o total de aspirantes presentados.

A categoría con maior número de persoas presentadas foi a de celador, cun total de 6.142 aspirantes polas quendas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral, dos cales aprobaron a fase de oposición 3.764 participantes, o que supón unha porcentaxe de aprobados do 61%. A esta cifra de presentados, hai que engadir as 98 persoas que accederon pola quenda de discapacidade intelectual nesta mesma categoría, aprobando case o 96% dos participantes. 

A segunda categoría cun maior número de presentados foi a do grupo auxiliar da función administrativa, cun total de 5.369 presentados e 4.247 aprobados, resultando unha porcentaxe de aprobados do 79%. 

A categoría na que menos aspirantes superaron os exercicios de oposición foi a de enxeñeiro técnico, 23 dun total de 91 presentados, o que supón un 25,27% dos presentados.

Na seguinte táboa recóllese o número de persoas presentadas e aprobadas por categoría e a porcentaxe dos aprobados en cada unha delas:



CATEGORÍA

Aspirantes aprobados

Aspirantes presentados

% aprobados

CELADOR

3.764

6.142

61,28%

CELADOR-DISCAP. INTELECTUAL

94

98

95,92%

ENXEÑEIRO TÉCNICO

23

91

25,27%

TÉCNICO SUPERIOR DE SISTEMAS E TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN

21

23

91,30%

TÉCNICO SUPERIOR EN HIXIENE BUCODENTAL

268

278

96,40%

TÉCNICO SUPERIOR EN IMAXE PARA O DIAGNÓSTICO

755

866

87,18%

TÉCNICO XESTIÓN DE SISTEMAS E TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN

27

27

100,00%

GRUPO AUXILIAR DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA

4.247

5.369

79,10%

ENFERMEIRO ESPECIALISTA EN ENFERMARÍA FAMILIAR E COMUNITARIA

316

544

58,09%

ENFERMEIRO ESPECIALISTA EN ENFERMARÍA PEDIÁTRICA

144

144

100,00%

ENFERMEIRO ESPECIALISTA EN OBSTETRICIA-XINECOLOXÍA

295

301

98,01%

ENFERMEIRO ESPECIALISTA EN SAÚDE MENTAL

98

103

95,15%

FISIOTERAPEUTA

615

948

64,87%

ODONTÓLOGO DE ATENCIÓN PRIMARIA

145

198

73,23%

TERAPEUTA OCUPACIONAL

191

197

96,95%

TOTAL

11.003

15.329

71,78%

Ofértanse, mediante o sistema de concurso-oposición, un total de 913 prazas. Da totalidade de prazas ofertadas, 17 corresponden á categoría de odontólogo de atención primaria, 46 á de enfermeiro especialista en obstetricia-xinecoloxía, 31 á de enfermeiro especialista en saúde mental, 61 á de enfermeiro especialista en enfermería familiar e comunitaria, 32 prazas á de enfermeiro especialista en enfermería pediátrica, 70 prazas á de fisioterapeuta, 6 á de terapeuta ocupacional, 2 prazas pola quenda de acceso libre á de técnico superior en hixiene bucodental, 12 á de técnico superior en imaxe para o diagnóstico, 1 praza pola quenda de acceso libre á de técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información, 1 praza igualmente por esta quenda de acceso á  de técnico xestión de sistemas e tecnoloxías da información, 10 á de enxeñeiro técnico, 318 ao grupo auxiliar da función administrativa e 306 prazas corresponden á de celador, 15 reservadas a persoas con discapacidade intelectual.

O cadro definitivo de respostas, con indicación das preguntas anuladas e o seu motivo de anulación (logo de analizadas as reclamacións polo tribunal), así como as puntuacións provisionais obtidas polos aspirantes presentados aos distintos exercicios da fase de oposición, atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es). 

A resolución abre un prazo de cinco días hábiles do 7 ao 14 de maio, ambos incluídos, contados a partir do día seguinte á publicación, para que as persoas interesadas poidan presentar reclamación ante o respectivo tribunal de selección, unicamente de existir erros na confección aritmética da puntuación obtida. 

As reclamacións deberán presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberán dirixirse á sede do tribunal para os efectos de comunicacións, situada na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

Habilitouse un enderezo de correo electrónico no que os aspirantes poderán dirixir as súas dúbidas ou consultas: oposiciones@sergas.es. Estas consultas non terán a consideración de reclamacións.

Rematado o prazo de presentación de reclamacións previsto na resolución, publicaranse as puntuacións definitivas dos distintos exercicios e o acordo de finalización da fase de oposición.

Próximas publicacións

Está previsto que, nos próximos días, se publique o modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e as puntuacións provisionais da fase de oposición dos procesos selectivos para varias especialidades da categoría de facultativo especialista de área e de varias categorías de licenciado sanitario, que realizaron os exercicios a mediados de marzo deste ano.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud