A XUNTA E A ASOCIACIÓN GALEGA DE MUSICOTERAPIA SEGUIRÁN COLABORANDO NO DESENVOLVEMENTO DE PROGRAMAS DE VOLUNTARIADO NO HOSPITAL UNIVERSITARIO DE OURENSE
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
10 06 2024
 

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e a presidenta da Asociación Galega de Musicoterapia (AGAMUS), Montserrat López Merino, veñen de asinar a prórroga ao convenio de colaboración para o desenvolvemento de programas de voluntariado no Hospital Universitario de Ourense. 

O convenio que agora vén de prorrogarse por un período de catro anos máis foi asinado en xuño de 2020 e ten por obxecto o emprego do son e a música con fins terapéuticos. 

Esta iniciativa na que colaboran o Servizo Galego de Saúde e AGAMUS trata de mellorar a realidade hospitalaria e a súa atención, a través de actividades de dinamización que se realizan na zona “Agora” e nas entradas dos andares de hospitalización, así como de musicoterapia naqueles servizos do hospital que así o soliciten. 

Os obxectivos desta iniciativa son, por un lado, reducir a sensación de dor dos pacientes, posto que coa axuda da musicoterapia pódese distraer a atención do doente e diminuír a percepción de dor e, por outro, reducir a ansiedade dos pacientes e familiares.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud