O 061 de Galicia pídelles aos conductores precaución durante os desprazamentos nas datas festivas da Semana Santa
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
28 03 2018
Urxencias Sanitarias de Galicia-061, servizo que coordina e xestiona as urxencias e emerxencias sanitarias na Comunidade galega, pídelles aos condutores precaución nas estradas ante o inicio, mañá xoves, das vacacións de Semana Santa, nas que se prevé un notable incremento no número de desprazamentos por estrada ata o vindeiro domingo 1 de abril.

 

Cando se produce un accidente de tráfico a persoa que se atopa no lugar do sinistro pode ser de grande utilidade. En primeiro lugar, facilitando ao 061 toda a información relevante, e en segundo, seguindo as indicacións transmitidas polo persoal sanitario da Central de Coordinación do 061 de Galicia ata a chegada dos recursos especializados.
Cómpre lembrar a importancia de ter descargada a App de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 no móbil ou na tableta. As chamadas que se realicen a través desta App enviarán a posición exacta xeolocalizada do accidentado. Isto é fundamental no caso dos accidentes de tráfico onde a zona poida resultar descoñecida para a persoa que dá a alerta ou onde os enderezos sexan complicados de indicar. Ademais da localización, a App de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 permitirá a recuperación dos datos do paciente e da súa historia clínica se é o propio paciente o que chama desde o seu teléfono e ten activada esta funcionalidade.
Antes de auxiliar nun sinistro de tráfico debe tratar de aparcar o coche nun sitio seguro, afastado do accidente, e prender as luces de emerxencia. Deberá poñer roupa reflectora ou rechamante, pero nunca escura. Ademais, sinalizará o accidente 50 metros, como mínimo,  antes e despois do lugar no que ocorreu.

 

Outra das medidas que se deberán realizar será apagar as luces e retirar as chaves do vehículo sinistrado e considerar a existencia de perigos engadidos, como pode ser o desprendemento de gases, incendios, cables eléctricos, entre outros.

O que non se debe facer nunca é poñer en perigo a propia vida. Para iso, antes de atender os accidentados, hai que adoptar as medidas de seguridade axeitadas, para evitar novos accidentes. Igualmente, e salvo que haxa perigo de incendio ou novas colisións, non se debe mover a ningún ferido, xa que poderían agravarse as súas lesións.
 
Balance Semana Santa 2017
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a Semana Santa do pasado ano a un total de 92 persoas debido a 59 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do mércores, 12 de abril, ata as 23:59 horas do domingo, 16 de abril de 2017. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o xoves con 17 accidentes.
 
A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 70 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 59 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 92 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 63 e do 37 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 27 % dos atendidos tiña entre os 25 e os 39 anos.
 
Por provincias, foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 26 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas, seguida da Coruña con 21, Lugo con 7 e Ourense con 5
En 75 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, 16 persoas foron asistidas no lugar do sinistro e unha persoa faleu no lugar do acidente.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss