O Sergas publica as listas provisionais de admitidos e excluídos e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
20 07 2018
​O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, o anuncio polo que se dá publicidade a relación provisional de admitidos e excluídos e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario: enxeñeiro técnico, grupo de xestión da función administrativa, grupo técnico da función administrativa, técnico de grao medio en prevención de riscos laborais, técnico superior en prevención de riscos laborais, técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información.
 

Xeráronse un total de 3.612 inscricións, sumando as do anterior proceso e as de nova xeración. A categoría con maior número de solicitudes é a de grupo de xestión da función administrativa, con 918 inscricións. O 7% foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso.

A lista provisional de admitidos e excluídos coa asignación da puntuación provisional e número de orde acadado dos admitidos, atópanse publicadas na web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es). Ademais, os/as aspirantes poden consultar desde hoxe, no seu expediente electrónico persoal (Fides/expedient-e) a súa posición relativa e o número de orde nas listas xeradas; así como de ser o caso, as causas de rexeitamento dalgún dos méritos presentados, dotando de total transparencia ao proceso de selección.


Na mesma resolución ábrese un prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao día da publicación, para que as persoas interesadas poidan formular as alegacións que estimen oportunas con relación á súa inadmisión e aos resultados obtidos na baremación provisional. A estimación ou desestimación, logo da súa análise e valoración, incluirase na resolución pola que se publiquen as listas definitivas, que determinará a data de entrada en vigor de tales listas.


Disporán do mesmo prazo as persoas que tendo presentado debidamente a solicitude non consten como admitidas nin excluídas.


Próximas publicacións
En próximas datas publicaráse o listado provisional de admitidos/as e excluidos/as e a baremación provisional das categorías de  facultativo/a especialista de área de medicina do traballo, facultativo/a especialista de área de psicoloxía clínica, farmacéutico/a de atención primaria, fisioterapeuta, logopeda, médico/a asistencial do 061, médico/a coordinador do 061, odontólogo/a de atención primaria, terapeuta ocupacional e traballador/a social.

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss