MIR Y EIR DEL ÁREA SANITARIA FERROLANA DESARROLLAN ACTIVIDADES DE CONTROL CARDIOVASCULAR PARA LA POBLACIÓN
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
18 09 2018

Médicos Internos Residentes (MIR)  e Enfermeiras Internas Residente (EIR) da Unidade docente multidisciplinar de Atención Familiar e Comunitaria pertencente á Xerencia Integrada de Ferrol desenvolven actividades de control cardiovascular a través de mesas informativas, por mor do Dá Mundial do Corazón que se celebra a vindeira semana. Dende a Unidade docente da Xerencia ferrolá, subliñan que “tal e como o nome da especialidade indica, os residentes teñen que facer labor comunitaria na súa formación, e, con isto, lévase a prevención e o asesoramento directamente á cidadanía, saen a coidar á comunidade”.
Así, esta mañá (de 10:00 a 14:00) un grupo de profesionais en formación atendía a mesa informativa para “coidar o corazón” que se situaba no centro comercial Odeón; e continuarán esta tarde de 16:30 a 20:30. O vindeiro xoves 27, estes profesionais estarán, nos mesmos horarios de mañá e tarde, no centro comercial Alcampo. Alí, entre outras cuestións, miden o risco cardiovascular, diversos factores relacionados con isto, e ofrecen asesoramento.
Enfermidades cardiovasculares, 30% das defuncións mundiais
Segundo indican, e poñen como punto de partida, as enfermidades cardiovasculares son a principal causa de defunción en todo o mundo. Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), morreron 17,5 millóns de persoas por enfermidades cardiovasculares no 2012, o que representa o 30% das defuncións rexistradas no mundo. “Se non cambiamos os nosos hábitos, estímase que esa cifra medrará, e alcanzará os 23 millóns de mortes no ano 2030”. Con motivo do Día mundial do Corazón, subliñan “queremos facer visible o tremendo problema das enfermidades cardiovasculares”.
Para elo, “queremos alertar e ensinar á poboación sobre cales son os factores de risco para a aparición dunha enfermidade cardiovascular; e que cousas poden facer para modificar eses factores de risco e previr a aparición dun evento cardiovascular”.  Parécelles importante realizar esta acción porque “moitos destes factores de risco permanecen silentes ata que producen consecuencias graves (por exemplo, a Hipertensión Arterial ou a Diabete)”, e son moitas veces descoñecidos pola poboación.
Unha medición para a saúde
A proposta baséase na instalación dunhas mesas onde un equipo conformado por médicas e enfermeiros onde se realizan probas e asesoramento. Así, mídese o risco cardiovascular e explicación do seu resultado; toma de tensión arterial; medición das cifras de glucemia e, tamén, do peso e a talla para calcular o índice de Masa Muscular.
Xunto con isto, asesoramento sobre o tabaco como factor de risco, e que se pode facer para deixar de fumar; sobre o sedentarismo; consellos para unha dieta san e equilibrada; e, en xeral, información sobre os factores de risco máis importantes para a aparición das enfermidades cardiovasculares.
En caso de detectar factores de risco xa instaurados, e que poidan supoñer un risco para a persoa, propónselle a conveniencia de acudir ó seu equipo sanitario de atención primaria para un estudo en profundidade (por exemplo, sinais e síntomas suxestivos de diabete, etc). En resumo, rematan, “con estas accións pretendemos ensinar á poboación como previr a aparición das enfermidades cardiovasculares mediante a modificación de estilos de vida; e, en caso de detectar algún problema que necesite ser valorado por profesionais sanitarios, indicarlle  onde deben acudir para consultar ese problema”.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss