O hospital da BArbanza acolle a I Reunión Galega de Ecografía en Dermatoloxía
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
05 10 2018

Santiago, 5 de outubro 2018.- O Servizo de Dermatoloxía da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago prepara a I Reunión Galega de Ecografía en Dermatoloxía que se celebrará mañá sábado no salón de actos do Hospital da Barbanza e que está organizada polo doutor Luís Casas, dermatólogo do hospital.

O motivo polo que se desenvolve a xuntanza no centro de Oleiros, onde se darán cita 45 expertos (a maioría dermatólogos pero tamén radiólogos) é porque foi un dos primeiros hospitais en empregar a ecografía en dermatoloxía, xa hai case 4 anos. Dende entón levan realizadas 800 ecografías, unha demanda que aumenta cada ano. No que levamos de 2018 xa se fixeron 230 ecografías mentres que en todo o ano 2017 se realizaron 210 probas deste tipo.

A ecografía en dermatoloxía é unha técnica diagnóstica de gran utilidade para o diagnóstico de moitas lesións cutáneas, fundamentalmente tumores subcutáneos onde a exploración clínica non é suficiente. Delimita a lesión, a súa localización, natureza e tamaño e determina se afecta a estruturas veciñas, aportando información sobre a natureza benigna ou maligna da lesión. Amais, axuda na planificación cirúrxica.
Trátase dunha técnica inmediata que no servizo do hospital da Barbanza se realiza a pé de padiola, na propia consulta, eficiente e inocua para o paciente. Asemade é moi útil para o paciente pediátrico por tratarse dunha proba doada e indolora.
Tamén é de gran utilidade en determinadas patoloxías inflamatorias para o diagnóstico de actividade e valoración da resposta aos tratamentos. Cómpre destacar a hidradenite supurativa como paradigma da patoloxía onde a ecografía cutánea ten mudado o xeito de entender a enfermidade, axudando ao mellor coñecemento e manexo, sendo actualmente unha técnica imprescindible nestes pacientes.

 

Saúdos,

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud