O Servizo de Neonatoloxía da Xerencia de Santiago e AGAPREM celebran a semana do prematuro con distintos actos e actividades
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
16 11 2018
  • Mañá sábado 17 celebrarase o “Día dos Irmáns”
  • No que vai de ano atendéronse 60 grandes prematuros no Hospital Clínico dos que 35 pesaron menos de 1.500 gramos
  • Banco de Leite ampliou a súa cobertura a doentes dos hospitais de A Coruña e Ferrol
  • servizo puxo en marcha este ano o programa de bacteriemia zero, co que se pretende diminuír a incidencia de infeccións relacionadas con catéteres centrais
  • Tamén este mesmo ano incorporouse en neonatoloxía a técnica ECMO para pacientes que non respondan ao tratamento ou que necesiten depurar o sangue
 
Santiago, 16 de novembro de 2018.- O persoal do Servizo de Neonatoloxía da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago xunto a Asociación Galega de Prematuros, AGAPREM, organizaron diversos actos e actividades para conmemorar a semana do prematuro.
No que vai de semana celebráronse unha “Escola de pais”, o “Día dos Avós”, fomentouse o “Método canguro” e os “Coidados Centrados no Desenvolvemento e na Familia”(para insistir na importancia dun ambiente libre de ruídos e luces intensas), o “Día da lactancia materna” e “Musicoterapia para prematuros” (esta celebrouse esta mesma mañá). Para o sábado 17 preparouse o “Día dos Irmáns”. Ese día os irmáns dos pacientes ingresados poderán acudir á área de hospitalización, visitalos e incluso participar na realización do método canguro. Tamén está previsto que se iluminen de morado as torres da Cidade da Cultura.
 
Actividade do Servizo de Neonatoloxía

 

O Servicio de Neonatoloxía atendeu, no que levamos de ano, 60 grandes prematuros dos que 35 pesaron menos de 1.500 gramos. Con respecto é actividade do Banco de leite dende o seu comezo no 2016, contou coa doazón de 175 nai lactantes o que permitiu dispensar até 700 litros de leite a 180 acabados de nacer da área de Santiago, A Coruña e Ferrol. Estes dous últimos centros empezaron a recibir leite doado este ano e espérase que en breve poida recibila o hospital de Lugo.

Asemade continúan con programas de formación en lactancia materna mediante talleres prácticos e de persoal sanitario a través de cursos. No que levamos de 2018, contouse con 72 novas doadoras de leite, que permitiu dispensar 300 litros destinados a 107 receptores.
O servizo puxo en marcha este ano o programa de bacteriemia zero, co que se pretende diminuír a incidencia de infeccións con catéteres centrais, que supoñen unha importante morbilidade na evolución. Trátrase dun programa amplamente desenvolvido en unidades de coidados intensivos pediátricos e de adultos, pero moi pouco frecuente nas unidades de neonatoloxía, sendo o Clínico un dos primeiros de España en implantalo.

Tamén este mesmo ano incorporouse a técnica ECMO para pacientes que non respondan ao tratamento ou que necesiten osixenar o sangue. A ECMO (membrana de osixenación extracorpórea) é unha terapia altamente invasiva que consiste en extraer sangue do sistema venoso do paciente e inxectarlla de novo unha vez osixenada. Aplícase se existen problemas respiratorios que non respondan á terapia e cando sexa necesario depurar o sangue de substancias nocivas a causa de enfermidades metabólicas hereditarias.

O servizo de neonatoloxía é una unidade libre de retinopatía grave na que tan só se rexistran casos incipientes leves con resolución espontánea. Nesto influíu claramente o protocolo de cribado individualizado de retinopatía polo que foi recoñecido con 4 premios de investigación tanto nacionais como internacionais, sendo este ano merecedores do premio da Academia Médico Cirúrxica de Santiago polos estudos neste campo.
Outra das melloras deste ano é a creación da comisión de mortalidade e do Comité Perinatal co obxectivo de ofrecer una mellor atención ás familias en risco obstétrico.
Ampliouse a UCI a 9 postos, 1 deles coa posibilidade de medidas de illamento, con monitorización centralizada en todos os postos, incluíndo a monitorización de saturación cerebral e somática que estandarizaron nos coidados de grandes prematuros.
O servizo de Neonatoloxía da xerencia compostelá ten dilatada experiencia en atención de patoloxía de elevada complexidade. É Unidade de Referencia a nivel nacional (CSUR) e Centro Experto Europeo para enfermidades metabólicas conxénitas, no ámbito galego é referencia autonómica para hipotermia neonatal activa.
Desde o seu inicio da súa actividade, en 1972, máis de 100.000 nenos que teñen nacido baixo os seus coidados. É unha Unidade de nivel III que ten recibido tamén varios premios Best in class ao mellor Servizo de Neonatoloxía de España pola calidade da atención aos seus doentes. Atende aos máis de dous mil seiscentos nenos que nacen ao ano no Hospital Clínico e é referencia para o Hospital da Barbanza (preto de 400 partos), xerencia Integrada de hospitais de Pontevedra e Salnés (máis de 2.000 partos), para o que conta con 51 profesionais. Ten ademais unha unidade de seguimento ata os 7 anos para os grandes prematuros.


Atención integral

 

Cunha excelencia asistencial acreditada e recoñecida está centrada na atención integral aos seus pacientes e familiares. Desde 2016 dispón de Banco de Leite Materno doado, o primeiro de Galicia. En colaboración con AGAPREM (Asociación Galega de Familias de nenos prematuros) creou a Escola para pais e nais e está na Fase 1D da IHAN-UNICEF, Hospital Amigo dos Nenos. Conta desde hai anos cunha UCI totalmente aos proxenitores e ten imprantado o programa Pel con Pel e o Método canguro.

 

Investigación e docencia
A unidade conta tamén cun grupo de Investigación integrado no Instituto de investigación de Santiago ao tempo que está vinculado como grupo clínico á Rede SAMID (ISCIII).
Participa en proxectos competitivos e con publicacións con alto índice de impacto (> 40 factor impacto no último ano). Participa no proxecto europeo Albino sobre o emprego de alopurinol sumado á hipotermia terapéutica en neonatos con encefalopatía hipóxico isquémica. Tamén é moi activo na organización de cursos de formación continuada, de coidados centrados no desenvolvemento e actualización nas novas técnicas e investigacións en neonatoloxía.

 

Saúdos
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss