A Xunta de Galicia licita a obra do novo centro de saúde do Saviñao por preto de 1.2 millóns de euros
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
14 12 2018

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, licita a obra do novo centro de saúde do Saviñao (Lugo). O orzamento previsto é de 1.138.455 euros e o prazo máximo de execución, unha vez adxudicada a obra, é de 12 meses. 

O novo centro de saúde do Saviñao pasará de ter unha superficie de 562 m2  ata os 745m2, o que amplía nun 33% o espazo actual. Vaise situar nunha parcela de 2.060 m2 cedida polo Concello ao Servizo Galego de Saúde.
 
O edificio terá, na área de medicina e enfermería, un total de 6 consultas, das que tres serán de medicina xeral e tres de enfermería, ademais dunha sala de toma de mostras de uso polivalente.
 
Polo que atinxe á área pediátrica, haberá unha consulta de pediatría e outra de enfermería de pediatría. Ademais das consultas, o novo centro contará con sala de xuntas, á que hai que engadir os espazos para arquivo de historias clínicas, recepción, almacéns, vestiarios, entre outras dependencias. Atenderá a unha poboación dunhas  2.800 tarxetas sanitarias.

Os pregos do concurso público poden consultarse na plataforma de contratos públicos de Galicia, a través do seguinte enlace: https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?OP=50&N=432919&lang=gl

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss