O Sergas propón a creación de seis grupos de traballo específicos para adoptar decisións compartidas cos profesionais na reformulación do modelo de atención primaria
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
18 12 2018

​O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e o equipo directivo do Sergas mantiveron hoxe unha reunión con representantes dos profesionais de todas as áreas sanitarias, do Consello Galego de Médicos, dos colexios profesionais de enfermería, farmacia e fisioterapeutas, e das asociacións de médicos de familia e das sociedades científicas, para continuar avanzando no desenvolvemento dun novo modelo de atención primaria adaptado ás necesidades do século XXI. Neste senso, Almuiña propuxo como principais retos a curto e medio prazo o envellecemento poboacional e as dificultades para dispoñer de profesionais que afectan ao conxunto do Sistema Nacional de Saúde.

Co obxectivo de trazar as liñas mestras, contando coa participación activa de profesionais e pacientes, propuxo a creación de seis grupos que abordarán especificamente, a reorganización e a creación de equipos para identificar os novos roles dos profesionais que traballan na atención primaria; as medidas encamiñadas á atención da demanda con calidade e seguridade; a priorización do plan de investimentos previstos para 2019 na atención primaria; as relacións entre a atención hospitalaria e a primaria; a formación e a investigación e a relacións cos pacientes a través das novas plataformas tecnolóxicas aplicadas á saúde. O plan de traballo acordado hoxe programouse para poder contar coas primeiras conclusións dos expertos no vindeiro mes de febreiro.
 
Neste sentido, Sanidade avoga por adoptar decisións compartidas, contando coa colaboración de representantes de todas as categorías en cada unha das áreas sanitarias e persoal de xestión de servizos de atención primaria, do Consello Galego do Colexio de médicos, dos Colexios profesionais de enfermería, farmacia e fisioterapeutas e coas asociacións de médicos de familia, así como a asociación de enfermería especialista de atención primaria, membros do Consello Asesor de Sanidade e asociacións científicas. Nunha segunda fase, tamén estará o Consello Asesor de Pacientes.
 
Algunhas das primeiras propostas para seguir avanzando na mellora da atención primaria atenderán á creación dun interlocutor propio para os servizos de primaria dentro da estrutura das áreas sanitarias, á ampliación das prazas MIR na Comunidade Autónoma de Galicia, ou o incremento progresivo na contratación dos enfermeiros especialistas en medicina familiar e comunitaria.
 

Por outra banda, Vázquez Almuiña lembrou que desde a Consellería xa se vén traballando con anterioridade en distintas medidas, na aposta por unha sanidade pública de calidade que atenda ás novas demandas tanto dos profesionais como da cidadanía en xeral.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss