A ÁREA SANITARIA DE A CORUÑA ENTREGA Á COCIÑA ECONÓMICA E AO BANCO DE ALIMENTOS 120 CAIXAS DE COMIDA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
22 01 2019

A Comisión de Docencia da Área Sanitaria de A Coruña organizou o pasado día 20 de decembro unha xornada con motivo do dia da solidariedade. No transcurso da mesma puidéronse visitar diferentes postos con información das ONG´s coas que colaboran activamente residentes e demais persoal dos centros que forman a Área Sanitaria Integrada de A Coruña, para dar a coñecer a gran implicación e os magníficos proxectos que se están a realizar e favorecer o ánimo cara proxectos futuros.

Durante toda esa semana organizouse unha recollida de alimentos destinados Á COCIÑA ECONÓMICA e ao BANCO DE ALIMENTOS, nos distintos Hospitais e Centros de saúde da Área Sanitaria de A Coruña. Por indicación destas organizacións priorizáronse alimentos como garbanzos, lentellas e alubias. O resultado foi de 120 caixas doadas, na súa maioría polos traballadores.
 
Xornada con motivo do Día da Solidariedade
Durante toda a mañá do día 20 de decembro, na 4ª planta do Hospital Universitario de A Coruña, puidéronse visitar diferentes postos con información das ONG´s coas que colaboran activamente residentes e demais persoal dos centros que forman a Área Sanitaria Integrada de A Coruña, para dar a coñecer a gran implicación e os magníficos proxectos que se están a realizar e favorecer o ánimo cara proxectos futuros.
 
A xornada completouse con varias experiencias que cambiaron a vida das persoas ás que se dirixiron as accións realizadas, pero sobre todo das persoas que as levaron a cabo.
 
Para rematar a xornada, e en horario de tarde, organizouse un Torneo de Pádel por unha VIDA CON VALORES, no que a recaudación pola inscrición foi destinada integramente a unha das ONG´s participantes.
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss