ALUMNOS E PROFESORES DO CENTRO INTEGRADO DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE SOMESO FARANSE CARGO DO COIDADO DO BANCO DE PERRUCAS DA UNIDADE DE MAMA DO HOSPITAL ABENTE Y LAGO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
23 01 2019

A Unidade de Mama do Hospital Abente y Lago, pertencente á Xerencia de Xestión Integrada de A Coruña, presta atención a pacientes con procesos oncolóxicos que, por efecto do tratamento recibido, sofren a perda temporal do cabelo.

Debido ao custe que para algunhas persoas supón a compra de perrucas que sustitúan temporalmente o seu cabelo e permitan manter o esquema e a imaxe corporal, realizouse un proxecto de recollida de perrucas que proveñen de doazóns altruistas, para a súa utilización por por parte das pacientes durante o tempo que persista a perda de cabelo. Estas perrucas, para a súa preparación e posterior reutilización, necesitan duns coidados necesarios de lavado, peiteado e preparación que desenvolverán alumnos e profesores do Departamento de Imaxe Persoal do CIFP Someso.
 
O Centro Integrado de Formación Profesional de Someso, dependente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia, ten entre a súa oferta docente ciclos formativos de grao superior e de grao medio da Área de Imaxe Persoal.
 
Nos seus currículos formativos contémplase a adquisición dos contidos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais tanto no aspecto tecnolóxico como de valoración funcional e técnica. Para tal finalidade organizaron actividades de coidado do pelo natural ou artificial (perrucas) mediante lavado cos produtos necesarios e axeitados a cada tipo de pelo, o seu peiteado e a súa preparación final.
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss