50 familias da área sanitaria de Santiago teñen dous ou máis membros afectados con algún tipo de neoplasia linfoproliferativa
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
04 02 2019

Santiago, 04 de febreiro de 2019.- A Xerencia de Xestión Integrada de Santiago súmase a celebración do Día Mundial Contra o Cancro coa celebración dun acto que tivo lugar esta mañá no Hospital Clínico Universitario.

 

A xerente da área compostelá, Eloína Núñez, participou xunto a José Luís Bello, Xefe do Servizo de Hematoloxía da XXIS, e a Presidenta de ASOTRAME (asociación de transplantados de medula ósea) , Cristina Piñeiro, na inauguración da mostra Reflexos de Vida que organiza ASOTRAME e que en palabras da súa presidenta “busca que brote unha conciencia sobre a importancia da doazón de medula ósea para o que creemos que é necesario coñecer ás persoas que están vinculadas a este proceso, como é o caso da Hematóloga, Enfermeira, Doadora e Receptora” .
No transcurso do acto falou Cristina Pet, receptora de medula hai 13 anos, que incidiu na importancia da doazón “para seguir adiante co teu proxecto de vida”. Arestora hai en España preto de 400.000 doantes de medula (o 70% son mulleres).
Tamén se fixo entrega dunha doazón por parte de ASOTRAME á Fundación IDIS, xa que outro dos seus obxectivos é colaborar en Proxectos de Investigación contra o cancro. "Tomando conciencia de que o cancro é unha enfermidade de todos, algún día chegaremos a dicir que é curable en todos os casos", subliñou Cristina Piñeiro.
No acto o doutor Bello quixo destacar o traballo que se realiza no Servizo de Hetamoloxía, tanto no plano asistencial como investigador. O servizo do que el é responsable está levando a cabo unha nova liña de investigación en neoplasias linfoproliferativas familiares. Trátase dun estudo que pretende demostrar a predisposición familiar a padecer este tipo de enfermidades malignas.
Cada mes atenden uns 2.500 pacientes, sendo atendidos no Hospital de Día uns 700 pacientes mensualmente. Asemade realiza 55 transplantes de medula cada ano. As neoplasias linfoproliferativas supoñen até o 70% destas consultas, diagnosticándose preto de 180 novos casos ao ano. Inclúen diferentes patoloxías como o Linfoma no Hodgkin (LNH), o Mieloma Múltiple (MM) ou a Leucemia Linfática Crónica (LLC), entre outras. Todas elas representan un conxunto de enfermidades malignas caracterizadas por unha anormal proliferación clonal dos linfocitos de estirpe B.
O estudo está dirixido polo doutor José Luís Bello, xefe do servizo de Hematoloxía e Hemoterapia, e traballan activamente Beatriz Antelo e Adrián Mosquera, ambos do servizo de Hematoloxía e contan coa axuda de compañeiros do Servizo e da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica que se encarga de levar a cabo a análise de mostras.
Hai un ano e medio que se decidiu iniciar o proxecto de investigación ao observar que diferentes membros de varias familias padecían o mesmo tipo de neoplasia hematolóxica. Até o momento se incluíron 50 familias, cun total de 117 pacientes afectos e un número de casos que vai de 2 a 5 por familia. Polo momento só se incluíron os pacientes da área compostelá pero se espera que se poidan sumar ao proxecto outros hospitais, proximamente,
Para intentar determinar a predisposición xenética que explique a agregación familiar das neoplasias linfoproliferativas, téñense analizado os datos clínicos de todos os pacientes e os xenomas de 18 afectos pertencentes a varias familias. Aínda que a análise debe completarse con máis casos, os primeiros resultados parecen indicar que nas familias están alterados algúns xenes comúns e que hai un patrón de asociación á hora de que certas neoplasias linfoprolilferativas aparezan xuntas nas familias.
Con este estudo preténdese conseguir que nun futuro se poida valorar o risco familiar a parecer neoplasias linfoprolilferativas, mellorar a vixianza, diagnóstico precoz e manexo destas patoloxías, diminuír a morbilidade e mortalidade, evitar doadores de transplante hematopoiético con predisposición xenética a padecer este tipo de neoplasias, conseguir marcadores moleculares prognóstico/preditivos e poder facer unha selección racional do tratamento.
Eloína Núñez, a xerente de Xestión Integrada de Santiago, destacou o importante labor investigador que se está realizando, e que fai posible que se avance e que aumente a supervivenza. Destacou que o cancro máis prevalente dos diagnósticados no servizo de anatomía patolóxica da XXIS é o de colon (484 casos); póstata 438, mama preto de 400 e pulmón, máis de 300.


 

 
 
 

 

Saúdos


 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss