Almuiña visita as obras de construción do centro de saúde do Milladorio que marchar a bo ritmo e anuncia melloras para o centro de saúde de Bertamiráns
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
05 02 2019

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, visitou hoxe as obras de construción do novo centro de saúde do Milladoiro, no concello de Ames, nas que a Xunta de Galicia vai investir 2,3 millóns de euros, dentro do seu plan de potenciación da atención primaria. Os traballos, que marchan a bo ritmo, teñen un prazo de execución de 17 meses. O futuro centro de saúde disporá dunha superficie construída de arredor de 2.100 metros cadrados. Ademais, visitou o centro de saúde de Bertamiráns, que, segundo Almuiña, tamén será reformado con obras que se iniciarán este ano de ampliación de espazos e de incremento da confortabilidade. Estas dúas iniciativas enmárcanse dentro do plan de mellora do primeiro nivel asistencial que está a levar a cabo o Goberno galego.

 

O novo centro de saúde do Milladoiro está composto basicamente dun andar, á que se accederá dende a parte alta da parcela, destinada ás zonas de uso público. Como o terreo ten unha pendente, na zona onde a superficie é máis baixa hai tamén un andar -1, que albergará a zona restrinxida ao persoal, instalacións e almacéns.

 

O centro de saúde contará cunha área de medicina con seis consultas de medicina xeral, catro de enfermería, unha para farmacia, odontoloxía e hixienista dental; ademais dunha sala de toma de mostras, dúas salas de técnicas e outras tres salas polivalentes. Polo que atinxe a área pediátrica, terá dúas consultas de pediatría e unha consulta de enfermería pediátrica; mentres que a área da muller terá unha consulta de matrona e unha sala de educación para a saúde.
 

 

O centro terá, así mesmo, unha área de fisioterapia e rehabilitación, un despacho para o traballador social e unha área de persoal, e disporá dos servizos de apoio e administrativos necesarios para o funcionamento das instalacións.

 

 

 

O proxecto de construción propón un esquema de espiña de peixe, con patios arborizados, o que permite unha boa disposición, garantindo ventilación e iluminación natural en todas as dependencias, á vez que optimiza os percorridos de circulación.

 

Este novo centro atenderá unha poboación de arredor de 14.000 persoas, suporá que tanto os profesionais como os usuarios dispoñan dunha infraestrutura moderna e adaptada ás súas necesidades, dando unha mellor resposta ás necesidades de saúde presentes e futuras dos veciños e veciñas de Ames.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss