Un total de 9 empresas presentaron as súas ofertas para a execución da obra da Fase 1 de ampliación do C.H. de Ferrol
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
08 02 2019
Ferrol, 8 de febreiro de 2019.- A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), licitou o pasado decembro o contrato para a execución da Fase I da ampliación do Complexo Hospitalario de Ferrol, cun orzamento de 56.802.804,05 euros. As empresas interesadas tiñan ata o 1 de febreiro para presentar as súas ofertas. Finalmente, son 9 as empresas ou UTE (Unión Temporais de Empresas) interesadas na execución desta Fase I do Plan Director.
 
Tal e como recollía o anuncio de licitación, as obras previstas nesta primeira fase teñen un prazo de execución de 36 meses. As áreas funcionais asistenciais prioritarias definidas no Plan Director e ás que por tanto se deu prioridade para a súa execución na Fase 1 son as de urxencias, cardioloxía e neurociencias, nefroloxía e diálise, e hospitalización, incluídas as Unidades de Coidados Intensivos (UCI) de pediatría e adultos.
 
Plan Director
Esta abordaxe da Fase I enmárcase no Plan Director do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, que determina as obras que se realizarán en varias etapas para a súa mellora e modernización. As actuacións previstas no plan director desenvolveranse nos edificios do Hospital Arquitecto Marcide e do Hospital Naval, que contan con parcelas de 35.000 e 52.000 metros cadrados, respectivamente.
 
En concreto, o plan director aborda a reforma do  hospital Arquitecto Marcide, coa construción de dous novos edificios este e sur, e a remodelación do Hospital Naval.
No Hospital Arquitecto Marcide. realizarase a ampliación mediante a construción dos novos edificios este e sur; a reforma parcial da planta semisoto para situar o novo servizo de radioloxía; e a urbanización circundante a estas áreas. O edificio sur albergará a nova central de instalacións, a xerencia, a dirección e a administración; e o este contemplará a cociña, os vestiarios, urxencias, a farmacia, gabinetes e os servizos de nefroloxía, pediatría e UCI e a nova hospitalización.
 

O proxecto recolle tamén as reformas interiores a acometer no Hospital Naval que permitirán habilitar os espazos necesarios para os traslados provisionais de determinados servizos dende o Hospital Arquitecto Marcide.

Contémplase a intervención para a realización da área de farmacia deste hospital e unha zona lindeira que terá o carácter de farmacia provisional, xa que a farmacia central do CHUF situarase no Hospital Arquitecto Marcide unha vez rematadas as obras da fase 1.
 
Tamén se executarán as obras para o Laboratorio de Microbioloxía e para o Hospital de Día Oncohematolóxico. Ámbolos dous atópanse no Hospital Arquitecto Marcide; e o Plan Director prevé a súa localización definitiva no devandito centro, pero é necesario o seu traslado provisional para poder dispoñer dos espazos para a execución das obras.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss