O 061 de Galicia condena firmemente as sabotaxes contra os recursos do servizo público galego de urxencias e emerxencias sanitarias no primero día de folga
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
08 02 2019

​A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 condena firmemente as sabotaxes producidas ao longo do día de hoxe, primeiro día de folga, contra os recursos do servizo público galego de urxencias e emerxencias sanitarias e fai novamente un chamamento  ao  comportamento responsable e consecuente, ademais de esixir respecto aos bens e as persoas. 

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 continúa a traballar de xeito responsable e comprometido coa poboación e garante a asistencia sanitaria urxente, tratando de que a convocatoria de xornadas de folga non prexudique a calidade da mesma e os cidadáns non se vexan privados do seu dereito a recibir a asistencia sanitaria máis adecuada ás súas necesidades.
 
Picadas nas rodas de 17 ambulancias
Desde as 00:00 horas e ata ás 20:00 de hoxe rexistráronse picadas nas rodas en sete ambulancias asistenciais de soporte vital básico (SVB) con base en Vigo; e nas ambulancias con base en Redondela, Porriño, Caldas de Reis, A Estrada, Tomiño, Ponteareas (en dúas ocasións), A Guarda, Carballo, Nigrán e Cerceda. A maioría das picadas notificáronse en centros hospitalarios. Todos os vehículos substituíronse no menor tempo posible e seguiron prestando asistencia sanitaria con normalidade. Ademais, nas ambulancias asistenciais de SVB con base en Mazaricos, Ordes, Arzúa, Ribeira e Boiro realizáronse pintadas.
 

Desde as 00:00 de hoxe, 8 de febreiro e ata as 23:59 do vindeiro 11 de febreiro están convocadas xornadas de folga polas organizacións sindicais UGT, CCOO e CIG no contexto da falta de acordo na negociación polo convenio colectivo entre a patronal e os técnicos en emerxencias sanitarias que realizan o servizo de transporte sanitario urxente e non urxente en Galicia. Tamén están convocadas xornadas de folga entre os días 18 e  24 de febreiro e do 4 ao 10 de marzo.

Cómpre salientar que, como servizo esencial para a poboación, os servizos mínimos establecidos para a atención ás urxencias e ás emerxencias polas unidades asistenciais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 son do 100 % para toda a Comunidade Autónoma.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss