Almuiña remarca a importancia da dieta como un dos principais determinantes da saúde e da expectativa de vida
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
15 02 2019

​O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, incidiu en destacar a dieta como un dos principais determinantes da saúde e da expectativa de vida. Segundo o titular da carteira sanitaria do Executivo galego “detrás da elevada prevalencia das enfermidades crónicas na nosa poboación aparecen factores de risco dietéticos e metabólicos que son un desafío de primeira orde dende a saúde pública. A súa abordaxe constitúe un dos mellores investimentos dende o ámbito da prevención”. Así o remarcou Almuiña no marco dunha xornada sobre nutrición e saúde do concello de Ribeira.

Os produtos do mar, -dixo o conselleiro-, presentan unha elevada densidade nutricional, razón suficiente para ligalos a unha dieta saudable. En particular, o máximo responsable sanitario subliñou a importancia do peixe como fonte principal dos ácidos graxos omega 3 e das súas propiedades beneficiosas. Son imprescindibles na formación da estrutura e función neuronal e visual nas primeiras etapas da vida e participan activamente da capacidade cognitiva e prevención da saúde cardiovascular na etapa adulta, -incidiu-.
 
Para rematar a súa intervención, o conselleiro agradeceu á organización da xornada o seu traballo por reunir a profesionais relacionados coa saúde que comparten os seus coñecementos poñendo en valor o patrón dietético e o estado nutricional como un obxectivo primordial das políticas de saúde. “Abordalos dende a cooperación intersectorial e a participación de toda a sociedade constitúe un dos mellores investimentos para acadar un máximo de benestar na nosa poboación”.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss