O 061 de Galicia condena firmemente as sabotaxes contra as ambulancias da Rede de transporte sanitario urxente no comezo da terceira convocatoria de xornadas de folga
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
05 03 2019
A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 condena firmemente as sabotaxes e actos vandálicos realizados contra as ambulancias da Rede de transporte sanitario urxente, no contexto da terceira convocatoria de xornadas de folga, que comezou o pasado día 4 ás 00:00 horas e que está previsto se manteña ata ás 23:59 horas do próximo domingo, 10 de marzo. A convocatoria de folga enmárcase no contexto da falta de acordo na negociación polo convenio colectivo entre a patronal e os técnicos en emerxencias sanitarias que realizan o servizo de transporte sanitario urxente e non urxente en Galicia.

 

Cómpre subliñar que Urxencias Sanitarias de Galicia-061, como servizo encargado do transporte sanitario urxente extrahospitalario na Comunidade Autónoma, ten a consideración de servizo esencial para a poboación e, polo tanto, os servizos mínimos establecidos durante as convocatorias de folga son do 100 %.

Picadas nas rodas
Desde as 00:00 horas do día 4 e ata as 12:00 de hoxe, 5 de marzo, rexistráronse picadas nas rodas en 24 ambulancias asistenciais de soporte vital básico (SVB) con base nos concellos de Vigo (seis ambulancias), Silleda (tres ambulancias), Pontevedra e Ponteareas (dúas ambulancias cada unha), O Porriño, Verín, Rianxo, Mazaricos, Lalín, Melide, Sada, A Coruña, Ribeira, Muros e Caldas de Reis. Todos os vehículos substituíronse no menor tempo posible e seguiron prestando asistencia sanitaria con normalidade.

 

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 continúa a traballar de xeito responsable e comprometido coa poboación para garantir a asistencia sanitaria urxente, de xeito que a convocatoria de xornadas de folga non prexudique a calidade da mesma e os cidadáns non se vexan privados do seu dereito a recibir a asistencia sanitaria máis adecuada ás súas necesidades. Por isto, insiste en facer novamente un chamamento ao comportamento responsable e consecuente, ademais de esixir respecto aos bens e as persoas.

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss