A PORCENTAXE DE PARTICIPACIÓN NA CATEGORÍA DE CELADOR SUPERA O 73,62%
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
10 03 2019

 

 
​Un total de 7.858 aspirantes acudiron esta tarde ao Recinto da Feira Internacional de Galicia (Silleda-Pontevedra) para realizar os exames do concurso oposición correspondentes á categoría de celador nas quendas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral. O número de persoas que estaban admitidos nesta quenda eran un total de 10.674; o que supón unha participación do 73,62%. Ao recinto de Silleda acudiu o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña.
 
Neste proceso selectivo ofértanse 390 prazas, das que144 corresponden á quenda de acceso libre, 195 á de promoción interna, 21 á de discapacidade xeral e 30 á de discapacidade intelectual.
 
En total, estaban admitidos para esta fin de semana un total de 10.982 aspirantes para presentarse aos exames da categoría de celador. Onte sábado iniciáronse as xornadas de exame cos aspirantes da quenda de discapacidade intelectual. Cómpre subliñar que este é o primeiro proceso selectivo no que se habilitou unha quenda de acceso diferenciada para as persoas con discapacidade intelectual, coas pertinentes adaptacións de temarios e tempo de realización das probas que permiten a concorrencia destes aspirantes en condicións de igualdade ao emprego público, facilitando así a súa integración laboral.

 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss