Os profesionais de enfermería e fisioterapia respaldan as propostas incluídas no novo modelo de atención primaria
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
13 03 2019

Os profesionais de enfermería e fisioterapia que participaron nos grupos de traballo de mellora da Atención Primaria expresaron o seu respaldo ás propostas recollidas no documento do Plan de Mellora de Atención Primaria. Así o ratificaron no marco das reunión que a Consellería de Sanidade continúa a realizar reunións no marco da elaboración do novo Plan. Sanidade decidiu incluír o 85% das alegacións presentadas polo colectivo de fisioterapeutas, e no caso da enfermería incluíuse o 79% do total das alegacións.

Os representantes do Sergas reunironse os pasados días 4 de marzo co grupo de traballo de fisioterapia e o día 11 de marzo co grupo de traballo de enfermería. O obxectivo destes encontros foi analizar as alegacións propostas por estes colectivos ao borrador do novo modelo de atención primaria. Nestes grupos de traballo participan, ademais de representantes do Sergas, profesionais de centros de saúde e tamén representantes da Sociedade Galega de Fisioterapia (SOGAFI), do Colexio de Fisioterapia de Galicia (COFIGA), así como a Asociación Galega de Enfermería de Atención Primaria (AGEFEC), entre outros. Ao estudo destas alegación incorporáronse as realizadas polo propio Consello Galego de Enfermería, que estivo dende o inicio do proxecto compartindo as reunións co grupo de traballo formado pola Consellería de Sanidade.
 
Todas as alegacións presentadas están na liña de redistribuir as competencias dos profesionais nos centros e atención primaria co obxectivo de desenvolver un traballo en equipo baseado na complementariedade de actuacións en beneficio do paciente, e sempre garantidas no adecuado marco normativo.
Sanidade lembra que o Plan é un documento aberto e o obxectivo é contar co maior consenso e construír este novo modelo coa participación de todos. Neste senso, a Consellería de Sanidade segue traballando na mellora da atención primaria coa realización de reunións de forma que sexan os propios profesionais quen aporten solucións ao modelo de atención primaria para os próximos anos.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss