A Xerencia de Santiago súmase á celebración do día Mundial do ril baixo o lema "saúde renal para todos en calquera lugar"
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
14 03 2019
 

Santiago, 14 de marzo 2018.- A Xerencia de Xestión Integrada de Santiago sumouse á celebración do Día Mundial do Ril que ten lugar hoxe baixo o lema “Saúde renal para todos en calquera lugar”. Co obxectivo de lembrar a necesidade de adoptar as medidas precisas para axudar a previr a enfermidade renal crónica, a Asociación Alcer Galicia, instalou unha mesa informativa na entrada do hospital Clínico e contou co apoio da xerente de Xestión Integrada de Santiago, Eloína Núñez, coa subdirectora de calidade e atención ao paciente, Beatriz Pais, a coordinadora de transplantes da XXI de Santiago, Carmen Rivero, co xefe de Servizo de Nefroloxía da XXI Santiago, Cándido Díaz e co xefe de servizo de Uroloxía, Camilo García Freire.

Eloína Núñez quixo agradecer o labor de ALCER - e así llo fixo saber a Alfredo Saborido, Vicepresidente da Asociación, que participou na xornada informativa- e o traballo de apoio aos pacientes que realiza xunto ao servizo de Nefroloxía, e sumouse ao chamamento para levar un estilo de vida saudable para contribuír á prevención da doenzas de ril.

O doutor Díaz destacou o incremento da prevaleza na Enfermidade Renal Crónica e tamén incidiu na necesidade da prevención e control da hipertensión arterial, dos problemas cardiovasculares, da diabetes así como en fomentar los hábitos de vida saudables como una alimentación adecuada, controlar o peso, evitar o tabaco, manter una hidratación adecuada e non tomar medicación sen control médico para previr, diagnosticar e tratar de maneira temperá as patoloxías do ril.
 
A doutora Rivero, destacou os 14 transplantes renais realizados no que levamos de ano na xerencia de Santiago. Asemade agradeceu a xenerosidade das familias dos 10 doantes. Até hoxe rexistráronse 10 doadores/as falecidos/as e 1 doante vido de ril.

Saúdos,
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss