O Sergas publica as puntuacións definitivas e a finalización da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas categorías de persoal sanitario e de xestion e servizos
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
15 03 2019

​O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica na súa edición de hoxe ás puntuacións definitivas obtidas polas persoas aspirantes presentadas en cada un dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso nas categorías de enxeñeiro técnico, grupo de xestión da función administrativa, grupo técnico da función administrativa, médico de familia e técnico superior en documentación sanitaria. En total, superaron este proceso 471 aspirantes, 406 nas categorías de persoal sanitario (médico de familia e técnico superior en documentación sanitaria) e 65 das categorías de persoal de xestión e servizos.

Por categorías, do total dos aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo 400 corresponde á de persoal médico de familia. Esta categoría, na que o Sergas oferta 241 prazas, foi a máis numerosa en número de participantes.
 
Cómpre subliñar que na categoría de persoal técnico superior en documentación sanitaria, o Servicio Galego de Saúde oferta 11 prazas; 18 para a do grupo de xestión da función administrativa, 9 prazas na categoría de grupo técnico da función administrativa e 7 prazas para a categoría de enxeñeiro ténico.
 
A listaxe coas puntuacións definitivas da fase de oposición atópanse publicadas, ao dispor dos usuarios, na web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es). Con esta publicación dáse por finalizada a fase de oposición do referido proceso selectivo.
 
Prevese que nun prazo breve se publiquen os listados coa baremación provisional da fase de concurso das persoas aspirantes que resultaron aptas nesta fase de oposición.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss