O Sergas reafírmase na tolerancia cero ás agresións aos seus profesionais
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
15 03 2019

​Esta mañá celebrouse a reunión da Comisión técnica do Observatorio de violencia laboral do Servizo Galego de Saúde, coincidindo co Día nacional contra as agresións no ámbito sanitario, e como reflexo do compromiso de tolerancia cero con todo tipo de comportamentos violentos no Sergas.

O Servizo Galego de Saúde ten Plans específicos de prevención da  violencia laboral de orixe externa co fin de garantir a protección e seguridade do seu persoal. Para verificar o coñecemento polos profesionais do procedemento a utilizar no suposto de sufrir unha agresión, realizáronse entrevistas persoais a profesionais de distintos servizos e centros sanitarios. Como resultado destas entrevistas , durante o pasado ano 2018, constatouse que en todas as xerencias máis do 80% dos profesionais coñecen os procedementos a seguir ante un episodio de violencia laboral e saben da importancia de comunicar e rexistrar estes feitos.
 
Nos últimos anos estase a realizar unha importante labor no eido da prevención, coa intención de dar visibilidade a esta problemática, tanto a nivel dos propios profesionais como dos usuarios da sanidade. Aínda así, acadar  a violencia cero no ámbito sanitario é un obxectivo imposible, dado que determinados episodios de violencia derivan das patoloxías propias dos pacientes que son obxecto da atención sanitaria.
 
Durante a xuntanza do Observatorio analizáronse os datos dos episodios de violencia externa rexistrados no 2018 no Sergas. Durante as máis de 36 millóns de actuacións asistenciais realizadas o ano pasado polo Servizo Galego de Saúde, rexistráronse un total de 480 episodios de violencia que afectaron a 521 profesionais, dos que o 75% eran mulleres. O 99% dos episodios foron de carácter leve e o 69% foron agresións de tipo xestual o verbal. 
                                     
Por categorías, os episodios de violencia distribuíronse do seguinte xeito: persoal de enfermería 30,8%, persoal facultativo 26,4%, auxiliares de enfermería 21,1%, celadores e persoal de servizos xerais 14,9% e persoal administrativo un 3,8%.
 
A xuntanza desta mañá contou coa presencia do Xerente do Sergas Antonio Fernández-Campa, e da Directora xeral de Recursos Humanos, Margarita Prado Vaamonde, xunto a representantes de institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e das organizacións sindicais presentes na Mesa Sectorial de representantes de institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e representantes de cada unha das organizacións sindicais presentes na Mesa Sectorial de negociación do Servizo Galego de Saúde.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss