O Sergas publica as listas provisionais de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
27 03 2019

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, o anuncio polo que se dá publicidade a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario. En total, xeráronse un total de 19.071 inscricións, sumando as do anterior proceso e as de nova xeración. A categoría con maior número de solicitudes é a de persoal de enfermería, con 10.921 inscricións. O 12,63% corresponden a novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso. Resultaron excluídas do proceso o 0,39% das solicitudes de participación.

As categorías de persoal estatutario referidas no DOG son as de enfermeiro, enfermeiro da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, enfermeiro especialista en enfermaría do traballo, enfermeiro especialista de saúde mental, enfermeiro especialista en obstetricia e xinecoloxía, enfermeiro especialista en enfermaría familiar e comunitaria, médico de familia, médico de urxencias hospitalarias,  pediatra de atención primaria e persoal de servizos xerais.
 
A lista provisional de persoas admitidas e excluídas coa asignación da puntuación provisional e número de orde acadado dos admitidos, atópanse publicadas na web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es). Ademais, as persoas aspirantes poden consultar desde hoxe, no seu expediente electrónico persoal (Fides/expedient-e) a súa posición relativa e o número de orde nas listas xeradas; así como, de ser o caso, as causas de rexeitamento dalgún dos méritos presentados, dotando de total transparencia ao proceso de selección.
 
Na mesma resolución ábrese un prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao día da publicación, para que as persoas interesadas poidan formular as alegacións que estimen oportunas con relación á súa non admisión e aos resultados obtidos na baremación provisional. A estimación ou desestimación, logo da súa análise e valoración, incluirase na resolución pola que se publiquen as listas definitivas, que determinará a data de entrada en vigor de tales listas.
 
Disporán do mesmo prazo as persoas que tendo presentado debidamente a solicitude non consten como admitidas nin excluídas.
 
Próximas publicacións
En próximas datas publicaranse as listas definitivas das seguintes categorías de persoal técnico en coidados auxiliares de enfermaría, técnico en farmacia, técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico superior en dietética e nutrición, técnico superior en documentación sanitaria, técnico superior en hixiene bucodental, técnico superior en imaxe para o diagnóstico clínico, técnico superior de laboratorio e técnico superior en radioterapia. 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss