ADOS e o Colexio Maristas El Pilar de Vigo colaboran para sensibilizar á poboacion no acto de doazón de sangue
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
06 05 2019

Alumnos e alumnas do curso de 3º A de Educación Secundaria Obrigatoria do Colexio Maristas El Pilar de Vigo, organizaron hoxe, en colaboración con Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), organismo dependente da Consellería de Sanidade, unha campaña especial de doazón de sangue, como proxecto que están a levar a cabo na materia de bioloxía. Así, a unidade móbil de ADOS permanecerá estacionada diante do centro, na rúa Venezuela da cidade olívica, en xornada de mañá e tarde, de 9 a 14,30 horas e de 15,30 a 21, para atender a todas as persoas que se acerquen a doar sangue.

Os rapaces xestionaron todos o detalles da campaña organizados en comités de traballo,  Elaboraron un blog especialmente para a ocasión e deseñaron toda a cartelería.
 
A Axencia de Doazón de Sangue e Órganos desenvolve campañas de sensibilización e información destinadas a promover os distintos xeitos de doazón, polo que convida aos cidadáns e ás empresas, institucións e colectivos procedentes de todos os ámbitos da sociedade galega a desenvolver iniciativas destinadas ao fomento dunha conciencia solidaria proclive á doazón de sangue.
 
ADOS, pon a disposición da cidadanía a súa web, ados.sergas.gal; o enderezo de correo electrónico, doadoressangue.ados@sergas.es; o teléfono de información gratuíto; 900 100 828; e as súas páxinas nas redes sociais, como xeito de comunicarse con este organismo ou resolver calquera dúbida relacionada coa doazón.
 
ADOS lembra que todos os días do ano precísanse entre 400 e 500 doazóns de sangue para cubrir axeitadamente as necesidades de compoñentes sanguíneos dos nosos centros sanitarios, e que Galicia é unha das comunidades autónomas con maior dificultade para acadar un bo número de doazóns de sangue debido a factores sociodemográficos como o espallamento poboacional así como o seu envellecemento, circunstancias que dificultan, enormemente, o desenvolvemento de campañas de captación de novos doadores e doadoras de sangue.
 
Desde a dirección da Axencia, apélase á probada solidariedade da cidadanía galega para superar estes obstáculos e incentivar á súa participación nas campañas de doazón de sangue, un xesto vital para que miles de pacientes poidan recibir a transfusión dos compoñentes sanguíneos que se obteñen da doazón.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss